-
Transparencia informativa e democracia
Titulo esta entrada de igual xeito que un artigo do que quero facer varias citas: “Son as fontes e os contidos os que determinan o nivel de calidade e de interese público da información“. Apliquémolo á nave que se pretende facer na ría, por exemplo. “Por costume, quen ten as respostas non…
-
Semana reivindicativa en Ribadeo (II)
Coido que me faltaba por poñer na entrada de ‘Semana reivindicativa‘ algunha cousa. Xa sinalei o escrito enviado a Begasa e fixen referencia a el como un fito o que dez asociacións de veciños se puxeran de acordo para facer tal cousa. Asemade, fixen referencia á xuntanza informativa sobre o macro galpón na ría, e…
-
UPRi, música e ruído fóra de Ribadeo
Hoxe está anunciada unha intervención pública de UPRi. A posta en escea será co motivo anunciado de irregularidades no PXOM, que segundo parece non coincide co aprobado. Despois de anteriores citas da UPRi, pódese supoñer que algo hai, pero non tanto como a espectativa creada. De calquera xeito, hoxe non publico máis relacionado co PXOM……
-
Un pleno para o cidadán
… Ogallá o fora, pero polo momento non parece que sexa esa a orientación polo momento. Co tempo, quen sabe. E, mentras se pode achegar ese momento, aí vai a orde do día do pleno do luns 9 de marzo de 2008 (lembrar que se pode ampliar premendo sobre ela co rato). Que conste que…
-
Florece a mimosa
Comecemos a semana con algo inocuo: o florecemento da mimosa. A comezos do século, unha profesora francesa, vendo as mimosas de Sta. Cruz en flor, díxome en na zona de Francia onde vivía as mimosas aínda non tiñan florecido: tratábase de que ó estar máis ó sur, florecían antes. Lembreime deso antonte, pois a referencia…
-
Vivir sen durmir? Non se pode
Lembro que hai xa moitos anos, facendo auto-stop entre Santiago e Vigo colleume un condutor que se adicou a falar segundo el para non durmir pois durmía moi pouco: unhas catro horas diarias. Segundo el, aínda tivera unha época que durmira algo menos. Sei que foi un ir tenso toda a viaxe, aínda que…
-
Unha segunda de hoxe, xa vella
Polo menos en xerme xa foi publicada no blog (agora será publicada tamén noutros medios): Señores da Xunta. Atópome que o noitebús non só continúa senón que se amplía. Tamén me atopo con que Galicia non destaca pola reducción de accidentes de tráfico. E con que, que eu saiba, non hai ningún estudo que demostre…
-
Pero, que é isto?
É máis doado vir de Burela a Ribadeo (ou viceversa), máis barato, hai que esperar menos, está máis subvencionado, … de noite á movida que de día ó hospital. Ou non é asi?
-
Máis ‘avisos a navegantes’
Ruidos? Queda un longo camiño en Ribadeo, non só para acadar algo de paz, senón en relación a outros lugares. A ligazón para ver Aconsello en particular botar unha ollada ó comentario nº 15
-
Pleno para un día dos inocentes
28 de decembro, 10 da mañá. Coa falta de Begoña (PP) comezaba un pleno que podía resultar un pouco raro. O pleno, extraordinario, comezou coa aprobación da cobranza de recibos pola Deputación. Dende tempos do PP véñense cobrando algúns recibos do concello ós veciños por parte da Deputación. Comisión, 6%. Votado en tempos de maioría…