-
Preguntando a Portos sobre Ribadeo
Procurando información para enviar documentación no tema da nave do porto, atópome esta páxina. E pregúntome: por que non está o DOG correspondente á nave de Mirasol, cando é relativamente parello ó de Baiona de xuño de 2007? Aproveito para deixar un modelo de folla de sinaturas, clicando sobre el pódese ver a…
-
Transparencia informativa e democracia
Titulo esta entrada de igual xeito que un artigo do que quero facer varias citas: “Son as fontes e os contidos os que determinan o nivel de calidade e de interese público da información“. Apliquémolo á nave que se pretende facer na ría, por exemplo. “Por costume, quen ten as respostas non…
-
Ribadeo, que pequeno es
A prensa hoxe lémbrame a Hernán: a banda de Burela non tocará mañá na procesión por propia decisión. Un paso que Hernán non chegou a dar, pero que si tratou de minimizar, ese de dar paseillos procesionais (xa non digamos dos pasarúas). De calqera xeito, a súa postura abriu o camiño a que agora…
-
Ribadeo e a súa nave no porto de Mirasol
Segue a dar que falar a cousa. Non é para menos. Onte mesmo asistín a unha xuntanza onde se via o perigo de que a xente considerara ganado o tema e deixara de loitar. E non, non está ganado. As novas non fan máis que dar voltas dicindo que os políticos estarían dispostos a…
-
Nave no peirao de Ribadeo, Asturias, ligazóns e comentario
Recollo da Voz varias ligazóns do sábado (1, 2, 3, 4) nas que se da nova dos últimos contos sobre a nave do porto de Mirasol, en particular a raíz das declaracións da conselleira asturiana de medio ambiente no seu parlamento. E tamén do domingo (e nos xornais asturianos). Coido que xa meditei…
-
A nova de hoxe
A nova de hoxe aínda a teño que dixerir: que sexa o goberno asturiano no seu parlamento quen diga que a nave non se vai a construír, que llo dixo o goberno galego, sóname a tempos medievais en Galicia e de ilustración e Asturias. Voltarei sobre o mesmo. Mentras, outra parte do pleno…
-
De volta á normalidade?
Despois de onte, parece que debería voltar a normalidade. Pero, que normalidade? O esquecemento tanto de que a construción da nave xa comezou un longo proceso que non se detén polo que opinou un pobo enteiro antonte? A volta a pensar no PXOM, para o que xa quedan menos de tres semanas para que…
-
Nota de prensa: ría si, nave non
Preparando a manifestación do día 10: Ria si, nave non Segue segundo o previsto a preparación da manifestación do domingo 10 en Ribadeo, que terá como lema ‘Ría si, nave non’. Vanse recibindo os primeiros apoios, contamos xa con xente de ambas marxes da ría e tamén coa criación dunha coordinadora de veraneantes,…
-
Globo sonda de 25 m de alto
Esperei a poñer a nova para facerme unha idea. Agora téñoo claro: é un dos chamados ‘globo sonda’. Refírome ó proxecto de construcción en Mirasol dunha nave de 25 m de alto que cubriría peirao e zona de auga para protexer a carga da pasta de apel os días de choiva. Lémbrome de que…