Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: ría

  • Crónica dende os bloques

    Este verán, a praia dos bloques parece estar especialmente concorrida. As novas duchas, que polo momento evitan a lama que xa se formaba arredor das antigas, supoñen un paso adiante, que acompaña ás boas temperaturas e a un auga que cada vez está máis quente. Hai veces que o campo está cheo, aínda que nunca…

  • Mosquiñas no Indiano

    Adxunto o artigo de Evaristo Lombardero que hoxe mesmo sae en La Comarca del Eo, a conto dos ‘mosquitos’ denunciados pola hostalería a Acisa e ó Concello, de este a Portos, de Portos ós madeiristas… Ao fío do chegada masiva de mosquiñas, presuntamente a través do porto de Figueirúa, faremos algúns comentarios históricos e actuais.En…

  • Mirasol moveu máis da cuarta parte da mercadoría de Portos de Galicia

    Nos nove primeiros meses de 2018, o ribadense porto de Mirasol moveu 376 000 toneladas do 1,3 millóns de toneladas do conxunto de portos controlados por Portos de Galicia. Iso supón o 29%, só por debaixo de Cariño, co 36%. Destaca que entre ambos superen de longo a metade da masa de mercadoría, unha vez…

  • Ribadeo en Windows 10 spotlight images

    Remato de recibir a nova. Un blog, Windows 10 spotlight images, que acumula as imaxes decargadas dende Microsoft para o fondo de windows 10, ten como primeira imaxe a que presento abaixo, tomada dende o cargadoiro ó interior da ría de Ribadeo na que se ve a ponte dos Santos, o peirao deportivo de Porcillán…

  • Ribadeo, a ría e Ramsar

    Hai máis de 5 anos, o blog ‘Ría de Ribadeo‘ alertaba sobre degradación da ría, que a levaba á lista de espazos RAMSAR ameazados, a pesar doutras proteccións medioambientais de diverso tipo e paisaxísticas. Hai unha semana, a prensa reproducía un artigo co título ‘La ría de Ribadeo podría ser expulsada del convenio Ramsar’. O…

  • Secuencia de carga en Mirasol – 2018

    Levo xa colgado por varias veces vídeos con secuencias de carga de pasta de papel en Mirasol, vendo como vai cambiando o xeito de facelo e o tempo empregado. Este vídeo é de hoxe. A calidade é moi mala, pero os pouco máis de tres minutos de descarga entre camión e camión quedan patentes, e…

  • Aireando unha noticia: Ence, FeVE e a alternativa a Mirasol

    Chegoume hai tres días, e esperei a vela nos xornais que por Ribadeo teñen máis tirada, ou na radio… pero xa pasaron uns cantos días, e nada. A fonte é praza, (con fonte primaria o BOE)e o título é descritivo: “O Tribunal de Cuentas desmonta a operación coa que Ence logrou que a Xunta lle…

  • A ría de Ribadeo que xa non é ría

    Lembro ver encher de area a zona dos bloques ou o recheo dos noventa, onde está a lonxa na actualidade. Mais ó pasar por esas zonas xa non mo imaxino se non fago un pequeno esforzo. E quen se lembra da fixación no Fondón, na recta de Reme? así, pouco a pouco (ás veces, moito…

  • A ría, hoxe

    A ría de Ribadeo sempre é unha sorpresa. Hoxe, coa marea baixa e a luz da preparación para a chuvia, máis aínda que noutros momentos. Unhas fotos para testemuñalo:

  • Os bloques, invadidos

    Á praia dos bloques parece que lle botaran o mal de ollo. Non só se se ve invadida polo limo (algo do que xa avisara no seu momento Isidoro Asensio) e as algas que o colonizan, ou invadida e dificultado o movemento no seu espazo por lanchas, motos ou espectáculos, a máis do defecto de…