Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.299 posts
28 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: residencia

  • Política de partido ou política de pobo?

    Vaia por diante que penso que poñerlle un cualificativo á política é, sempre, rebaixar a propia idea sobre a súa función e a súa práctica. Mais ás veces pode resultar desa cualificación o resalte dalgunha característica desexable ou indesexable que presentan determinadas actuacións políticas nas circunstancias nas que se desenvolven. Así pois, co título pretendo…

  • O PP E A RESIDENCIA DE RIBADEO, artigo de José Mª Rodríguez Díaz

    Xa se vía vir. O consenso político pola residencia de Ribadeo rompeuse. Rompeuno o PP. Catro anos de loita pola unidade e o consenso dos portavoces políticos para a consecución dunha residencia para Ribadeo, acábanse de tirar pola borda. Catro anos nos que os portavoces políticos o foron do pobo e non do seu partido.…

  • Novas da residencia

    A residencia de maiores segue o seu camiño, pouco a pouco. Conseguiuse grazas ó apoio do pobo, a partir das asociacións de veciños, tras unha manifestación e o apoio dos partidos do consistorio. Ese apoio pode que haxa que voltar matizalo de agora en diante, pois onte houbo unha xuntanza debido ó cambio de titular…

  • AMENCE UNHA NOVA SENSIBILIDADE POLÍTICA? Artigo de J.Mª Rodríguez Díaz

    Que unha luz de esperanza se converta en novidade nestes difíciles tempos nos que a sociedade parece que camiña para atrás como cangrexo, e a cultura, a ética e a moralidade pública brillan pola súa ausencia, é unha noticia digna dos mellores titulares. E iso é o que se percibiu nas palabras pronunciadas pola Presidenta…

  • A Residencia de maiores progresa de xeito adecuado

    … ata o momento, como se pode ver nas fotos seguintes: 20150624, dende a Avenida de América (antiga estrada) 2050625, dende o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo 20150629, dende o IES Pronto as fotos de exterior non dirán nada novo. Estarán polo interior. E, un pouco máis aló, nin as fotos de interior servirán para…

  • Deputación, Ribadeo

    A estas alturas xa é de dominio público: a Deputación provincial de Lugo está constituído cun presidente (presidenta) do PP. Resulta ser mariñá, de Mondoñedo, o que non debera ter importancia, pero xa leva xerado na rede intervencións como ‘a ninguén de Mondoñedo lle sentará mal que a presidenta sexa de Mondoñedo’, nun localismo que…

  • Se queren algo, que se presenten ás eleccións, por José Mª Rodríguez Díaz

    Algo semellante, a conto doutro tema, escoitei eu hai poucos días, por parte de alguén do outro extremo do espectro político… “SI QUIEREN ALGO, QUE SE PRESENTEN A LAS ELECCIONES” Memorable e de triste recordo o desta frase, dirixida por un sobresaínte membro da nosa clase política, neste caso do PP, a un numeroso colectivo…

  • Algún apunte máis sobre a residencia de anciáns de Ribadeo

    Despois do fin de ano,a residencia non se ve avanzar tanto, pero segue a un ritmo estable, cubrindo as divisións externas e internas. Algunha foto así o amosa. E, cara ó futuro, menos se verá do que se vai facendo, ó quedar cada vez máis oculto polos propios muros. Como comparación, poden mirarse as entradas…

  • En Ribadeo polo antroido, sen antroido: Asilo, obras e funcionamento

    Non se trata do asilo político, que daría tema para o antroido, senón do hospital asilo de Ribadeo. Recollo un comentario na rede de Javier Chao: Pareceme moi ben que se fagan todas estas melloras, pero como ben dice o alcalde son feitas a conta de TERCEIROS, dunha herencia niste caso. A quen llo temos…

  • A Residencia de maiores de Ribadeo, a día de hoxe

    Mércores, 17:00 horas, rúa Paco Lanza. Un grupo de xente vai xuntándose, e remata por entrar nas obras da residencia de maiores de Ribadeo: son os membros da Comisión Municipal en pro da residencia de maiores, o arquitecto e o vicepresidente da Deputación, entidade que costea o groso da construción. Un resume das verbas ditas…