Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.299 posts
28 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: residencia

  • Menos medio millón. Nota de prensa da Plataforma pro Residencia de Maiores de Ribadeo

       O grupo que formamos a Plataforma pro Residencia de Maiores de Ribadeo vemos cada pouco tempo anuncio de inversións (reais ou ficticias, actuais ou pasadas ou por vir) da Xunta de Galicia. Vemos mesmo que ditos anuncios fanse ás veces non de xeito institucional, senón por xente do partido que leva as rendas da…

  • Comunicado da plataforma pro Residencia de Maiores de Ribadeo

    Plataforma pro Residencia de Maiores Ribadeo Nota de prensa O pasado xoves 5 de outubro os membros da Plataforma pro Residencia de Ribadeo comezaron as visitas a residencias próximas para estudar o seu funcionamento. A visita á residencia de Santa María do Valadouro resultou reveladora de multitude de detalles a máis da organización xeral desta…

  • En novembro, a residencia de anciáns estará equipada

    Así se desprende da nota de prensa que apareceu onte á noite na web do concello. É un paso máis (non a ‘conclusión da primeira fase’) cara a que Ribadeo dispoña dunha residencia de anciáns adecuada a máis da moi escasa e con lagoas que hai na actualidade. Dende a comisión pro Residencia seguimos traballando.…

  • Martes 20, pleno: 870 €/ribadense

    Por fin. Un pleno avisado con cinco días de antelación. Coido que é o máis importante dun pleno que é de por si importante, pois del van depender o orzamento, e polo tanto, o gasto, do próximo ano. Porque permitirá a quen queira asistir, se non participar, ao menos chegar ó primeiro nivel desa participación,…

  • Sobre a residencia de maiores. A actualidade dos fondos aportados

     Deixo en baixo unha nota de prensa do concello, sobre a residencia. Foi colgada hoxe mesmo, sobre unha actuación de hoxe, e ven a dicir que todo está ben, que a Deputación vai aportar o medio millón de euros que levan no aire dende que a Xunta dixo que non os daba, e polos que…

  • Rotonda

    Ben, xa está. A residencia de maiores ribadense terá anexa unha rotonda. Polo que parece, ‘necesitábase‘: A rotonda leva implícita o facer máis roma a esquina, claro. De calquera xeito, a nota de prensa coido que era para outra cousa: ante o incumprimento da Xunta, que non da os cartos despois de prometelos como xa…

  • Nota de prensa: XUNTANZA DA PLATAFORMA PRO RESIDENCIA DE RIBADEO

    Hai case dous anos, o día 24 de xuño de 2014, colocábase a primeira pedra da nova residencia. Dous anos nos que o novo edificio foi tomando forma e aspecto, tanto no seu exterior como no seu interior. Neste tempo as obras foron visitadas en repetidas ocasións pola Comisión Municipal, formada polas forzas políticas locais…

  • Rematadas as necesidades pecuniarias para a residencia de maiores ribadense

    Onte votouse o presuposto anual da deputación Provincial de Lugo. 96,3 millóns de € quedarons desbloquedados con ausencia do PP e tras non ser admitida ningunha das súas emendas. Quedou na sá, iso si, e votou en contra -claro- Manuel Martínez. O concello aínda non sacou unha nota de prensa, pero na web da Deputación…

  • Unha acta que nos atinxe sobre a vellez vista dende aquí

    Onte venres houbo unha tertulia en viveiro na que participou José Mª Rodríguez, impulsor da residencia que está a piques de rematarse en Ribadeo. A raíz do que aparece a continuación, dicir que non houbo sorpresas: houbo constatacións. E iso é importante, evidenciar o que está a suceder, para interiorizalo e actuar en consecuencia. Velaeiquí…

  • Pero aínda estamos así? A residencia está aquí porque a quixemos, a xente

    Non é a primeira vez, nin a segunda, nin a terceira… que sae a removerse o tema da residencia cando remata de imputarse a alguén do PP, se descubre algún novo “pastel” ou cousa semellante… ou sinxelamente por saír nas novas, seguindo o adaxio de que o importante é que se fale sobre un, aínda…