Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.298 posts
28 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: residencia

  • Nota de prensa Asoc. pro Maiores José María Rodríguez

    Asociación pro maiores José Mª Rodríguez Nota de prensa Ribadeo, 20191120 Como no seu momento fora anunciado pola Plataforma pro Residencia de Ribadeo, pouco a pouco estanse a dar os pasos para a posta en marcha da Asociación pro maiores José Mª Rodríguez. Nestes momentos, entendemos que só falta un pequeno detalle administrativo para culminar…

  • Nota de prensa da Asociación pro maiores José Mª Rodríguez

    Nota de prensa Asociación pro maiores José Mª Rodríguez    O pasado sábado 5 de outubro tivo lugar no lavadoiro da r/ Fornos a primeira xuntanza convocada para poñer en marcha a Asociación pro maiores José Mª Rodríguez. Á mesma acudiron persoas con familiares na nova residencia e outras en diferente situación.    Esta primeira…

  • Un pleno pedido sobre o funcionamento da residencia de maiores (II)

    Despois de poñer no blog estes días varias entradas relacionadas, deixo en baixo varios comentarios escritos (tiven comentarios orais, mesmo por teléfono, pero sen gravación de respaldo non quero nin facer unha síntese). O primeiro, unha nota de prensa, de En Marea, sobre o desenvolvemento do pleno e dos primeiros meses da residencia: PLENO RESIDENCIA…

  • Un pleno pedido sobre o funcionamento da residencia de maiores

    A a residencia de maiores de Ribadeo deu lugar onte a un pleno, pedido polo grupo de concelleiros do PP e que xa mencionei onte á mañá na entrada ‘Despois da loita pola construción da residencia de maiores de Ribadeo‘. Agora queda aquí o podcast coa gravación íntegra de dito pleno, sen outro comentario pola…

  • Despois da loita pola construción da residencia de maiores de Ribadeo

    Residencia de maiores en Ribadeo: unha vez rematada e presentada á sociedade ribadense, tras pasar as eleccións fíxose un acto de acollida ós primeiros residentes. E comezou o postparto. Coido que é unha imaxe adecuada: lograr un embarazo pode ser doado ou non, pode ser festivo, pero en calquera caso, necesita dun querer, dunha vontade…

  • PARABENS A PLATAFORMA POLA RESIDENCIA DA TERCEIRA EDADE. EN MAREA RIBADEO

    Nota de prensa En La Comarca del Eo do 15/6/19 (e neste blog) aparece un artigo asinado por PLATAFORMA DE MAIORES DE RIBADEO ao que desexamos facerlle algúns comentarios.  O primeiro e fundamental, felicitar a esta plataforma polo éxito logrado ao abrir a residencia despois de tantos anos. Convén botar man das hemerotecas, porque o…

  • Toma de posesión do alcalde de Ribadeo: lembranza de programa e discurso

    Mediados de xuño de 2019. Recentes as eleccións municipais, o sábado 15, toma de posesión de Fernando Suárez Barcia como Alcalde de Ribadeo. Para quen non estivo no acto, que sempre tenta ser emotivo, algunha lembranza no blog, xa pasados días para reflexión. En primeiro lugar, lembrar que o programa do partido que conseguiu maioría…

  • Posta en funcionamento da residencia de maiores de Ribadeo. Nota de prensa

    Nota de prensa da Plataforma Pro Residencia de Maiores de Ribadeo Posta en funcionamento da residencia de maiores Unha volta anunciada a posta en marcha da residencia, que nos produce unha fonda alegría, na Plataforma Pro Residencia de Maiores de Ribadeo somos conscientes de que unha vez posta en funcionamento, quedan moitas cousas por facer.…

  • A residencia no 2019

    A conto dunha nova que me fixeron notar hoxe, voltei ler a nota de prensa que liberou o concello o día 5 sobre a residencia, e póñoa no blog, sen comentarios sobre o contido, que a quen teña seguido a historia da residencia de maiores de Ribadeo non lle fan falta, e a quen non,…

  • Libro de homenaxe a José María Rodríguez

        Editado pola AVV O Tesón e presentado na Casa do Mar, aquí deixo en pdf o interior do libro publicado en base a dous estudos de José María, acompañados de outras colaboracións de Jorge Sampedro, Marta Rodríguez, a Plataforma pro residencia, Fernando Suárez, Pablo Mosquera, Pancho Campos, Antonio Martínez Aneiros e eu mesmo, Antonio…