Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.573 posts
46 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Recuncho da lectura

  • Recuncho da lectura: Un anarquista

    Recuncho da lectura: Un anarquista

      Recuncho da lectura: Un anarquista      Un anarquista. Diego Ameixeiras. ISBN 9788411105156. Edicións Xerais de Galicia, S.A. Vigo 2024. 110 px.      Curta, mais escrita sen apartes, fíxoseme claustrofóbica por momentos (ese xeito de escritura agóbiame). Ambientada xusta, coido que o trascurso ven ben intuído pola portada: ambiente nebuloso pero abondo descrito, comportamentos fixados…

  • Recuncho da lectura: Le mystère Henri Pick

    Recuncho da lectura: Le mystère Henri Pick

      Recuncho da lectura: Le mystère Henri Pick     Le mystère Henri Pick. David Foenkinos. ISBN 9782072762031. Folio. Ed. Gallimard. Barcelona 2018. (Fr.)     Agradable, tranquila e engaiolante historia de amores e desamores disfrazada de vida corrente e trama de investigación sobre un libro de éxito saído da nada. O autor non tenta reviravoltas, senón…

  • Recuncho da lectura: As gratitudes

    Recuncho da lectura: As gratitudes

      Recuncho da lectura: As gratitudes     As gratitudes. Delphine de Vigan. ISBN 9788412600766. Hugin e Munin. Santiago 2023.     Visión (xeral) dunha vellez (particular), nunha novela humana e diaria que foi capaz de meterme (iso creo) nunha perspectiva próxima e de cariño activo.Unha novela curta que achega, por medio dun problema concreto, ó que…

  • Recuncho da lectura: Tecendo redes

    Recuncho da lectura: Tecendo redes

      Recuncho da lectura: Tecendo redes     Tecendo redes. Irene Rega Jul. ISBN 9788411761550. Editorial Galaxia. Vigo 2023.     Novela amable con quen le, pasa fluída e agradecida. A escrita e o argumento sinxelos invitan ó descanso ‘en lendo’. Non se trata dunha gran novela do xénero negro, senón de algo de paso, o que…

  • Recuncho da lectura: Coule la Seine

    Recuncho da lectura: Coule la Seine

      Recuncho da lectura: Coule la Seine     Coule la Seine. Fred Vargas. ISBN 3150091365. Editions J’ai Lu.Paris 2015. (fr.)     Composto por tres relatos de detective (Salut et Liberté, La Nuit des brutes e Cinq francs pièce) fóra de liñas trilladas, nunha lingua francesa con particularidades de falada. Cada unha das historias, cos seus…

  • Recuncho da lectura: Un detalle menor

    Recuncho da lectura: Un detalle menor

      Recuncho da lectura: Un detalle menor     Un detalle menor. Adanía Shibli. ISBN 9788416537570. Hoja de Lata Editorial. Xixón 2023. (cast.)     Novela. Palestina dende Palestina onte e hoxe. Unha mirada palestina? Pode que moita Palestina? Non o vexo en ningunha das dúas partes do libro, ambas con cousas que se me descubriron. Case…

  • Recuncho da lectura: Unha educación

    Recuncho da lectura: Unha educación

      Recuncho da lectura: Unha educación     Unha educación. Tara Westover. Hércules de Ediciones. ISBN 9788412321173. A Coruña 2021     Non sei se pasará á historia; a xulgar pola tradución, dubídoo. Mais volvería lelo. Non ten unha prosa 10, pero sóbralle para a expresión do que quere, a historia dunha familia vista por unha ovella…

  • Recuncho da lectura: Erudición sobre hormigas y rositas

    Recuncho da lectura: Erudición sobre hormigas y rositas

        Recuncho da lectura: Erudición sobre hormigas y rositas     Erudición sobre hormigas y rositas. Elena Medel. ISBN 9788400111472. Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Madrid 2023     Evidentemente, non é unha novela. Pero tampouco pode considerarse un libro académico. Si un alegato que pode descargarse na rede e que atopei nunha librería portuguesa (a…

  • Recuncho da lectura: No apartes la mirada del espejo. Non apartes a mirada do espello

    Recuncho da lectura: No apartes la mirada del espejo. Non apartes a mirada do espello

      Recuncho da lectura: No apartes la mirada del espejo. Non apartes a mirada do espello     No apartes la mirada del espejo. Non apartes a mirada do espello. Ticiana Ghiglione Darriba. ISBN 9788409584383. Ediciones DinaMita. Ribadeo 2024.     Dez historias curtas en dúas versións lingüísticas acompañadas de cadansúa foto coa súa propia historia. Negro…

  • Recuncho da lectura: Dinamitadas, el despertar de la ironía

    Recuncho da lectura: Dinamitadas, el despertar de la ironía

      Recuncho da lectura: Dinamitadas, el despertar de la ironía     Dinamitadas, el despertar de la ironía. Ticiana Ghiglione Darriba. ISBN 978869790236. Produciones explosivas, Pontevedra 2018.     Un defecto? Gustaríame que fose máis longo! Imaxina a Mafalda de Quino trasladada á Galicia do século XXI, algo menos esquemática e aínda máis inxenua. Ela soa, sen os…