-
Nota de prensa de Ribadeo en Común
Desde Ribadeo en Común queremos agradecer a súa confianza ás 271 persoas que nos deron o seu apoio nas pasadas eleccións; tamén a todos os que se achegaron aos colexios electorais a depositar o seu voto; lamentablemente por só 15 votos non puidemos obter a nosa primeira representante no Concello. Nestes meses pasados, veciños e…
-
Pasou unha semana
Pasou unha semana (días laborables) dende as eleccións. Coido lembrar que todos os grupos políticos de Ribadeo levaban dun ou outro xeito unha mellora na limpeza. Pero tardan en poñerse mans á obra… En toda a semana levo visto os mesmos carteis, cada vez máis roídos e algúns medio arrincados. Só o que agora se…
-
Pegada de carteis, unha experiencia (visión persoal)
Aproveitando unha figura dun corazón xa marcado no muro, un cartel aproveita o espazo… Onte (esta noite, a partir das 12) foi o inicio de campaña. Polo que parece, soe facerse ‘oficial’ coa pegada de carteis. Onte participei. E como participante, teño unha visión que a moitos lles parecerá sesgada, seguro. Por iso aviso. Chegar…
-
Presentación da candidatura de Ribadeo en Común
Hoxe vai de ReC. Puxen pola mañá a política de Ribadeo a traverso de Radio Burela: e agora engado dous audios e algunha foto do acto de presentación da candidatura no parque hoxe mesmo: 1.http://www.goear.com/listen/19ffd8d/presentacion-candidatura-rec-2015-ribadeo-comun 2.http://www.goear.com/listen/beaaff3/presentacion-candidatura-rec-2015-parte-ii-ribadeo-comun Engadido: Ideas para un programa de Ribadeo en Común (20150517): https://docs.google.com/spreadsheets/d/1DWifM7zw4L2MZCsjeb6O6r2VXCdQuUt9YpzgH8sGX8o/edit?usp=sharing Ribadeo en Común (ReC) BNG PSOE PP Ciudadanos…
-
A política de Ribadeo a traverso de radio Burela
Onte, o programa Parolando, de radio Burela, abrangueu tamén a Ribadeo. O programa pretendía presentar nas ondas ás novas formacións que se presentan ás municipais 2015 na Mariña. E chamaron a xente de Viveiro, de Alfoz, de Foz e de Ribadeo. Os de Viveiro non se presentaron, alegando, dixo o presentador, motivos laborais e de…
-
Candidatura completa de Ribadeo en Común (ReC), ordeada e con algún comentario
Adxúntase a nota de prensa que remata de liberar Ribadeo en Común: A plataforma veciñal “Ribadeo en Común” quere facer público o resultado das eleccións primarias que ven de celebrar na última semana e, polo tanto, a lista de candidatas e candidatos aprobados pola asemblea e ordenados seguindo un criterio de paridade con lista cremalleira.…
-
Historia dunha tarde
Dende un punto de vista estritamente persoal coido que debe ser contado. 1.Historia lonxana Polo que me teñen dito (sen corroborar pola miña conta), no pasado téñense presentado dúas veces agrupacións de electores nas municipais ribadenses. A primeria sería no ano 1979, encabezada por Antonio Martínez, que obtivo catro concellais. A segunda, no ano 1991,…
-
Nota de prensa: MAIS DE 500 RIBADENSES AVALAN A “RIBADEO EN COMÚN”
MAIS DE 500 RIBADENSES AVALAN A “RIBADEO EN COMÚN” Hoxe mércores 15 de abril, cinco días antes de esgotar o prazo para a presentación de avais ante a xunta electoral de zona, a plataforma veciñal Ribadeo en Común recibiu notificación, por parte da secretaría municipal, que o requisito de verificación das 500 sinaturas estaba cuberto.…
-
Testemuña ReC
Copio do facebook: Hoxe Ribadeo en Común deu un grande paso cara ao obxectivo de presentarse como Agrupación de Electores nas eleccións municipais de maio, ao entregar no rexistro até 580 avais de persoas empadroadas en Ribadeo. Este logro reflicte o interese de boa parte da veciñanza en que apareza unha nova forza -aberta e…
-
Avalando
Avalar é radicalmente diferente de abalar. No primeiro caso trátase de dar respaldo a algo. No segundo, de abanearse; pode ser con algo ou un mesmo, iso é o de menos. No primeiro, é unha postura consciente. No segundo, pode ser consciente ou sinxelamente, pasotismo.. Onte comezáronse a recoller os cincocentos avais necesarios para que…