-
Secuencia de carga de madeira en Mirasol
Hai tempo, teño cargado varios vídeos nos que se ve a mellora do tempo de carga de papel no peirao de Mirasol. Esta tarde estaba no porto de Ribadeo o buque Eems Stream cargando madeira e aproveitei para tomar un vídeo de como é o ciclo completo da carga dun camión coa ría de…
-
Porto, Ence, portos, Ribadeo
Vexo hoxe unha nova á que sinxelamente, redirixo. Trátase de “Portos de Galicia rebaixará taxas a Ence en Ribadeo ata 2024 e dragará todos os anos para facilitar as súas operacións“, titular que sigue a incidir no xa dito varias veces no blog: o favorecemento de operacións dunha empresa de xeito incomprensible, pois se…
-
Mirasol hoxe: madeira vai, madeira ven
Hoxe o porto de Mirasol tiña unha actividade frenética e non por iso menos curiosa a ollos de non tentendidos. Dous cargueiros estaban, un, descargando, e o outro, cargando. O que cargaba, metía nas bodegas pasta de papel, unha actividade que ven de lonxe e que constitúe tamén de lonxe a principal fonte de…
-
Mirasol moveu máis da cuarta parte da mercadoría de Portos de Galicia
Nos nove primeiros meses de 2018, o ribadense porto de Mirasol moveu 376 000 toneladas do 1,3 millóns de toneladas do conxunto de portos controlados por Portos de Galicia. Iso supón o 29%, só por debaixo de Cariño, co 36%. Destaca que entre ambos superen de longo a metade da masa de mercadoría, unha vez…
-
Ribadeo en Windows 10 spotlight images
Remato de recibir a nova. Un blog, Windows 10 spotlight images, que acumula as imaxes decargadas dende Microsoft para o fondo de windows 10, ten como primeira imaxe a que presento abaixo, tomada dende o cargadoiro ó interior da ría de Ribadeo na que se ve a ponte dos Santos, o peirao deportivo de Porcillán…
-
Estipulacións do convenio ENCE-Portos de Galicia
Despois de ter pubicado hoxe mesmo ‘Aireando unha noticia: ENCE, FeVE e a alternativa a Mirasol‘, como complemento transcribo -e logo comento- dende Praza.gal a imaxe das estipulacións do convenio (p.2 do mesmo), incluídas erratas, e sen incluír o selo de portos de Galicia/Porto de Ribadeo de 6 de marzo (de 2011, aínda que…
-
O porto de Ribadeo volverá a mover case medio millón de toneladas.
O porto de Ribadeo volverá a mover case medio millón de toneladas de mercadorías, segundo se desprende da nota de Portos de Galicia, segundo a que ten movido ata o 30 de setembro 347 000 t. Facendo contas, ó ritmo seguido o resto do ano, sobrepasaría as 460 000 t, cunha media mensual de máis…
-
Aproveitaches a pasar por Mirasol?
Onte pola tarde, sábado, pasei por Mirasol. Sen garda, sen barreira, tomeino como unha facilidade alternativa destes días deferencia de Portos de Galicia por estar cortado o paso da vía que baixa dende o paseo marítimo e continúa cara a Vila Vella entroncar co que antes foi N-642, a raíz dun derrumbe a semana pasada.…
-
Por que?
Sigo sen explicarmo. Onte houbo pleno. Entereime a auga pasada, despois de estar mirando día a día o taboeiro de novas do concello. Nada. Non vin ningunha referencia a que onte ía haber un pleno, algunha posibilidade de enterarme de que ía, que se ía tratar… Remato de repasar os títulos das novas das últimas…
-
Movemento no porto de Ribadeo
Este artigo comeceino a escribir hai tempo (en decembro de 2016) por iso algunha cousa pode soar rara lida meses despois. E iso, aínda que as súas raíces están abondo máis aló, por exemplo no 2009…) Aínda non rematou o ano, pero xa se están a botar contas de movemento, por exemplo, do porto de…