Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.433 posts
34 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: plenos

  • Pleno sobre o orzamento

        Días atrás o concello sacou unha nota sobre un pleno extraordinario, o de hoxe. Non é de extrañar, pois vaílle moito: é o pleno dos orzamentos xerais do concello, o que rexerá os gastos para este ano. É de supor que un orzamento nun momento complicado como este, cando chega ó pleno terá un…

  • Pleno de 20100510 (II)

        Primeira parte do pleno de 20100510.     A primeira moción foi do PSOE sobre o plan de transición á TDT, para istar á Xunta a obrar segundo o convenio co estado. Foi calificado de extemporáneo por UPRi (a TDT xa está en marcha) e o PP preguntou se tiña que poñer cartos o concello…

  • Pleno de 20100510

        Cun máximo de 16 asistentes de 9 ó comezo de rogos e preguntas, ás 10 menos 5 da noite, transcorreu onte o pleno de maio.     Unanimidade nos primeiros puntos da orde do día: a aprobación da acta anterior, as resolucións da alcaldía (onde foi preguntdo por UPRi o motivo de poñerlle a un…

  • Pleno o luns 20100315, con tratamento da protección contra a contaminación acústica

    A información de ‘primeira man’ que teño é a do propio concello na nota de prensa correspondente, acompañada por algunha cousa máis que saiu nos papeis, como que van ser vinte os puntos da orde do día, ou que os hostaleiros están mobilizados(e mobilizando) polo tema da aprobación da OMPCA (Ordenanza municipal de protección contra…

  • Ante un novo pleno

    Cabe a pregunta, por fin se saberán por parte de todos os veciños os puntos da orde do día? Haberá algún medio de ampla difusión dos mesmos? Ou, como ten pasada ata agora, non se saberá nin se hai pleno atra despois de pasado? Dirá algo a web do concello’ Coido que o pleno será…

  • Un pleno no seu día (II)

    Despois da primeira parte do pleno, o punto 11º aglomerou as tres mocións. O PP presentou unha moción tipo contra os orzamentos do estado para o 2010. UPRi razoou a súa abstención no seu carácter local. O PSOE anunción o seu voto en cotra e denunciou o carácter demagóxico, segundo eles, da moción, cunha pequena…

  • Un pleno no seu día

    Non é o normal que os plenos ordinarios se celebren sen ser retrasados de día previsto. O de onte foi dos poucos. Tamén, se en xeral se pode dicir que nos plenos se pode separar o que do como, no de onte isa separación resulta esencial. E non só pola variedade e diversidade de temas,…

  • 15 de xullo

    Xa temos o resume do concello (a nota de prensa da alcaldía) sobre o pleno do luns. Mentras, esperamos a Transgascogne, as duchas dos bloques xa están postas, acompañando ás de rocas brancas, o 25 de xullo hai percebada en Rinlo, hoxe recala en Ribadeo o congreso sobre Antonio Raimundo Ibáñez, … sen esquecer, a…

  • Pleno no pleno

    Onte, 13 de xullo de 2009, tocou pleno. Ireino referindo pouco a pouco, así que quen quera unha entrega xa, pode mirar o blog “Vida socio-política en Ribadeo“, onde está referido. Polo pronto, dicir que os orzamentos foron aprobados (4 a favor do BNG, 7 abstencións de PP e PSOE, e 2 en contra de…

  • Granizada

        Hoxe, coas novas, quizais a cousa cambie, pero onte o que máis deu que falar foi a granizada caída a mediodía, que daba lugar aínda cousa de catro horas despois a esceas como a da foto, e no momento a que algunha xente poidera xogar coa neve, como nas imaxes cedidas por Raúl e…