Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.459 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: plenos

  • Pleno en Ribadeo

    Extraordinario, si (os ordinarios, os segundos luns de mes impar, por defecto, que soe sufrir variacións), pero avisado aínda que non coa orde do día, si con abonda claridade para que todo o mundo se entere. O sábado, xente participando no movemento 15M entregou ó alcalde unha carta, onde figuraba a petición, entre outras, de…

  • E onte, pleno

    Con pouca asistencia, e menos despois do ecuador, tivo lugar onte un pleno longo en puntos, de duración 2h e media ó que faltou Horacio Cupeiro, contando pois o BNG con só tres edís no mesmo. O pleno non foi polémico, senón máis ben de acordos xerais e outros de xeometría variada respecto a anteriores…

  • 20110117, o pleno do ‘buen rollito’

    A parte da aprobación da acta anterior, punto primeiro, e de rogos de preguntas, o último, foi tratada a dación de contas, a normativa da ORA e as taxas (en puntos 3 e 4), o regulamento de participación cidadá, o regulamento de réxime interno da escola de música, a retrocesión duns terreos a Ove, licenzas…

  • Do pleno (aínda)

    Volto seguir o fío do pleno do pasado 15 de novembro para rematar. A ordeanza reguladora da axuda no fogar foi aprobada por unanimidade, pasando á modificación das taxas por auga, saneamento, lixo, piscina e vertedoiro de escombros. Son precisamente as taxas dos servizos que levan empresas. A todas aplícaselles o incremento de 1,15%, ipc…

  • 20101115, pleno (III)

    Despois das dúas entradas anteriores sobre o pleno e o inciso sobre as vidrieiras da capela do cemiterio, unha curta para non perder o fío do pleno de luns. O punto 5º da orde do día era relativo á aprobación do convenio con ACISA 2011-2013, que supón 12 000 €/ano e que inclúe cousas diversas…

  • 20101115, Pleno longo (II)

    … tanto que as preguntas do final non se contestaron: eran xa perto das 12 e os señores concelleiros pensaron que non había ninguén atendéndoas, polo que pediron que se pasara delas. Estaban equivocados (non quedaba ninguén ‘visible’ de O Tesón, pero si alguén esperándoas). Claro que, despois dun pleno de perto de 4 horas,…

  • 20101115, Pleno

    Onte voltou a haber pleno. Antes de referirse ós puntos do día e a súa solución, coido que é preferible deterse un pouco no seu desenvolvemento en xeral. Chegou a haber no momento de máis público 14 persoas,despois de haber vairos retrasdos en entrar e comezar a saír xente pouco despois de unha hora de…

  • 20100920, pleno (II)

    Despois da entrada anterior e a nota de prensa do concello sobre o pleno, continúo co pleno propiamente dito. No apartado de rogos e preguntas, entre outras moitas, apareceu unha resposta que está relacionada cunha pregunta do Tesón de hai algún tempo: a posibilidade de sacar o cadro do Viejo Pancho que está na antiga…

  • 20100920 pleno. As preguntas de O Tesón

    Como outras veces, comezo polo final dun pleno no que non houbo moito que resaltar. A contestación ás preguntas realizadas po1a AVV O Tesón foi realizada fóra xa do pleno propiamente dito, como está establecido. 1.Tendo preguntado xa anteriormente polos cadros posesión do concello en función dos depósitos a realizar polos expositores, e téndosenos dito…

  • 75 minutos para algo xa decidido

    Cinco cuartos de hora foron empregados nos prolegómenos, de algo que xa estaba decidido. Comezou a cousa con 16 persoas nas filas do público e unha longa, moi longa, lectura da acta da comisión informativa por parte do Secretario (o que, facendo dous incisos, me lembra a diferencia de tratamento de temas segundo intereses diversos…