Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.459 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: plenos

  • … e pleno ordinario anunciado en Ribadeo

    Contra o que sucede moitas veces, hoxe, día de eleccións, pódese ver na web do concello a convocatoria do pleno ordinario para mañá ás oito da tarde: “O luns, 21 de novembro, ás 20 horas haberá pleno ordinario no Concello de Ribadeo. Na orde do día figuran os seguintes puntos: proposta de modificación do réxime…

  • 20111109 pleno

    A unha hora atípica, as seis da tarde, foi convocado un pleno extraordinario onte, para tratar en xeral de subas de taxas e impostos. Durou ata preto das nove, e puiden asistir á última parte, pero a grande maioría déixoa reseñada por unha reseña feita por José Mª Rodríguez, a continuación, e a prensa de…

  • Lo que se pierde en unas elecciones, puede recuperarse en otras

    Esa era a idea de Azaña, e segundo di el, repetida moitas veces (Causas de la guerra de España, -na versión de Público, 2011, na p.73-). E hoxe, no post debate, cabe lembralo, ó tempo que se lembra que hai unha elección cada catro anos, que se tenta reducir a un único momento e dúas…

  • Patrimonio Municipal I -Artigo de Evaristo Lombardero-

    PATRIMONIO MUNICIPAL I No pleno municipal de Ribadeo do pasado 19 de setembro, entre outros asuntos, tratouse a solicitud da Comunidade do Monte Cordal de As Anzas que pretende a devolución dunha parcela onde se atopa a antiga escola, pechada dende hai moitos anos, que actualmente presta algúns servicios sociais e culturais aos veciños de…

  • 20110919 pleno (III)

    Despois da acta, os 15 asistentes (no momento de máxima audiencia), aceptaron a renuncia de Francisco Rivas Álvarez, a quen se lle desexou o mellor, pero quen non estaba para escoitar o desexo. Si estaba entre o público o segundo da lista, que o substituirá e que estivo tomando notas, supoño que para o artigo…

  • 20110919 pleno (II)

    Ben, atrancos impídenme a primeira hora de hoxe seguir comentando o pleno. Deixo entón como substituto provisional e contrapunto do resto do meu comentario a ligazón ó comentario do equipo de goberno na web do concello.

  • 20110919 pleno (I)

    Comezando polo final, as preguntas de O Tesón, que foi o último contestado, xa fóra do pleno, coma sempre: As de novembro pasado (2010!)… 1.Tendo xa inaugurado o ascensor, e vendo a súa necesidade de coidados, solicitamos coñecer o estudo económico para o seu mantemento e funcionamento, ou, no seu defecto, o custe de mantemento…

  • Por fin, os plenos na web do concello

    Coido que sirva para aumentar a participación. Polo momento, un intento máis. Corto e pego dende a web do concello: ” SESIÓN ORDINARIA ÁS 20 HORAS Pleno o vindeiro luns O vindeiro luns, 19 de setembro, haberá pleno no Concello de Ribadeo. A sesión ordinaria dará comezo ás 20 horas. Entre os puntos que se…

  • Primeiro pleno ordinario do novo mandato

    Distribución no salón de plenos no mandato 2011/2015 (a falta de intervención) Onte, luns 2º de mes ás oito, como habitualmente está establecido, celebrouse o primeiro pleno do novo mandato da corporación ribadense. Significou unha variación sobre os plenos anteriores, ó poñer a análise dos decretos da alcaldía (pagos varios) ó final, xunto con Rogos…

  • Breve pleno 20110615

    Mentras por Barcelona volvéronse a desenvoltar incidentes, esta vez doutro xeito (falaremos), onte en Ribadeo desenvoltábase o pleno de distribución de atribucións deste mandato. En resume (dende varios medios da prensa, e dende a web do concello, que non puiden asistir): o alcalde cobrará menos, ó aplicarse a rebaixa que o goberno estatal decretou para…