Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: plenos

  • Ó día

    Luns, pleno no concello ás 20 horas. Temas a tratar? Sábese de que non vai haber aumento de impostos, que interesou publicitar. Pero non máis. Apertura, claridade, información, contacto, … Cando se pediu un regulamento de participación cidadá (sen contestación polo concello), se propuxo (sen atención), se propuxeron cambios ó proposto polo concello (sen consideración),…

  • 20120710 pleno

    Correspondente coa entrada de aviso do pleno, onte celebrouse unha sesión que voltou a non ser curta, pois cara ás dez e media remataban a terceira moción, e despois delas aínda quedaba o apartado de rogos e preguntas, na que faltou unha concelleira do equipo de goberno e na que houbo no momento de máxima…

  • Semipleno ata as 23:59 (III)

    Continúa de Semipleno ata as 23:59 (II) e Semipleno ata as 23:59. A última moción (BNG. 7-1-4) foi sobre o mantemento da axuda no fogar, a máis destacada nos xornais a conto do enfrontamento PP-BNG, quizáis tamén a partires da nota de prensa do concello. A cousa comezou cando Tino (UPRi) suxeriu sacar doutros lugares…

  • Semipleno ata as 23:59 (II)

    (Ven de Semipleno ata as 23:59) Voltemos a cando cheguei ó pleno: A ordenanza relacionada coas débedas foi aprobada por 6 si, 2 abstencións e 4 non. É dicir, cos votos do BNG e a oposición do PP. Os xornais de hoxe destacan que foi relevante, pero que a gresca estivo noutro lugar. Pasouse logo…

  • Semipleno ata as 23:59

    A historia en Ribadeo (ás veces) parece que se vai escribindo cun sorriso nos beizos. Onte fíxose patente esa parte e tamén algunha menos sorrinte. Un pleno que comezou con 12 edís dos 13 rematou con 10. Cando cheguei (tarde), un total de 12+3+4 persoas (concelleiros, persoal municipal e público), e, ó final, 10+2+1. Cada…

  • Unha lembranza para hoxe: Pleno en Ribadeo

    Corto e pego da páxina do concello, para hoxe, 14 de maio ás 20:00: Entre os puntos que se someterán a debate a aprobación figuran: a concertación de préstamo ao abeiro do Real Decreto 4/2012; a ordenanza fiscal P3 polo prezo público pola venda de libros, publicacións, material promocional e pola realización de actividades, xornadas,…

  • Hoxe ás 9 da mañá, pleno

    Un pleno avisado coa antelación que foi posible, e do que se coñece a orde do día: o apoio á construcción dunha residencia de maiores en Ribadeo. Un día no que coincide ademáis, a prensa coa unanimidade (casi) dos partidos políticos en torno á convocatoria da manifestación pro residencia, que terá lugar este domingo partindo…

  • Xa podes ver o PXOM de Ribadeo

    O PXOM aprobado inicialmente no penúltimo pleno xa está exposto ó público na rede.

  • Pleno truncado (III) – 20120323

    Continuación de Pleno Truncado (II) e Pleno truncado O punto 7º versou sobre as facturas pendentes do 2011. Foi aclarado que se permite pagar ós concellos ata fin de abril, e que hai algún erro no listado, así como que o Real Decreto non inclúe débedas a entidades públicas e outras (concesións, subvencións, …) -Ocórreseme…

  • Convocatoria dun pleno extraordinario para mañá 28 de marzo de 2012

    Sobre o plan de axuste do Concello, como xa estaba anunciado, e aparece notificado na web do concello, coa convocatoria íntegra en Cronica 3: NOTIFICACIÓN DE CONVOCATORIA DE SESIÓN PLENARIA O Sr.Alcalde-Presidente usando das atribucións que lle confire o art. 21.1 c) da Lei 7/85 por Decreto desta data resolveu convocar ao Pleno do Concello…