Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.433 posts
34 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: plenos

  • ‘Pleno, antonte’

    ‘Din que hai dous días se celebrou un pleno…’ Coido que é unha boa forma de comezar: falando de oídas. Onte, a auga pasada de xeito forzado, fixen un comentario no blog sobre o pleno de 20161108 do que isto ven a ser unha segunda parte anunciada. Xa saiu a anunciada (por min) nota de…

  • ‘Pleno, hoxe’

    Ese é o título da nota de prensa que se colgou onte na web do concello. Da orde o día, nada. Así está á vista o impulso de participación cidadá que ten entre mans o concello. Plenos en días cambiantes, a conveniencia de vai saber quen, sen dar a coñecer os puntos da orde do…

  • Ribadeo previsible: as contas de Ribadeo -2

    Onte publiquei a primeira parte, e non me equivoquei: Razonaba e remataba a dicir que sairía unha nova nota de prensa sobre o desenvolvemento do pleno, e así foi. Por outra banda, dado o desenvolvemento ‘normal’ do tema, non me podo arrogar o ser adiviño, senón sinxelamente o transmitir a normalidade. A imaxe corresponde ó…

  • As contas de Ribadeo

    Onte houbo pleno en Ribadeo. Non puiden asistir, mais é deses que si ten difusión abonda. Estaba avisado na web con máis de 24 h de antelación, se ben non tivo anexada a convocatoria cun único punto na orde do día, e a bo seguro hoxe aparecerá a nota de desenvolvemento do pleno, que anexarei…

  • ‘Festivos locais en 2017’… e máis

    Curiosidades de Ribadeo. Nun pleno fálase do regulamento de participación cidadá e a nota de prensa do concello sobre o mesmo titúlase ‘Festivos locais en 2017’. Claro que a nota de aviso do pleno á cidadanía titulábase ‘Hoxe, pleno ordinario’: ” A PARTIR DAS 20:30 HORAS Hoxe, pleno ordinario 26/07/2016  Esta tarde haberá pleno ordinario…

  • Exercicio de comparación sobre os plenos

    Vin onte martes a prensa e despois a nota do concello sobre os plenos de luns. E entón, ocorréuseme facer hoxe esta proposta no blog: poñer a nota de prensa do concello e propoñer a súa comparación co que hoxe mércores saia nos xornais. E así o estou a facer, engadindo só unha imaxe allea…

  • Difundindo o goberno de Ribadeo

    Onte, 26 de maio, apareceu na web do concello, con catro días de antelación, a convocatoria do próximo pleno, que será o luns 30. En realidade, dos dous próximos plenos, pois haberá un ordinario e un extraordinario o mesmo día. Un conxunto que non lembro que ocorrera ata agora. Estamos de noraboa. A nota de…

  • Un novo pleno baleiro (de xente, non de contido)

    Como manda a costume e o impón o xeito de facer as cousas, o martes houbo un pleno no que asistiron de público catro persoas, periodistas incluídos. Non debía de ser moi importante, pois total, só se trataban cousas de pouca monta como o orzamento municipal. Por partes. O documento que apareceu na web do…

  • Pequena crónica dun minipleno

    O salón de plenos, onte, baleiro de bancos no centro (disposición provisional) Este artigo ten dúas contribucións. Unha, a continuación, a miña propia, e outra, embaixo, de José Mª Rodríguez. —     Onte (21060128) tivo lugar o pleno ordinario convocado con só dous puntos na orde do día (catro se lle sumamos a aprobación de…

  • Estará cheo o pleno?

    Mañá xoves 28 de xaneiro está convocado o primeiro pleno ordinario do ano. E parece que o ritmo vai sendo pouco a pouco que se coñeza a convocatoria mediante internet: o documento de convocatoria, coa imaxe ampliable embaixo premendo co rato sobre ela, coma sempre, ou accesible de xeito directo aquí, indica en particular que…