Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.433 posts
34 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: plenos

  • Suso Peña Fillo Predilecto, subvención a ACISA ou variación no decreto de Medio Ambiente: pleno

    O día 13, mércores, ás 20:30 haberá pleno do concello de Ribadeo. Por se te animas a saber máis e ir, a convocatoria é esta (en dúas versións, tomada da sede electrónica do concello: 20190308 decreto da convocatoria pleno ordinario 13 marzo 2019 from Antonio Gregorio Montes 20190308_Decreto Da Convocatoria Pleno Ordinario 13 Marzo 2019…

  • Tes tempo hoxe ás oito e media? Queres saber en que invirte o concello os teus cartos?

    Hoxe hai pleno, ás 20:30. Podes ir e tentar enterarte. Algunhas pinceladas previas, a nota de prensa e a convocatoria de pleno: * A nota de prensa do concello, liberada onte (na web do concello): INCLÚE UNHA PARTIDA PARA O CÉSPEDE DO ESTADIO PEPE BARRERA Orzamento para 2019 21/01/2019 O orzamento do Concello de Ribadeo…

  • Martes, pleno

    De novo, anunciado na Sede electrónica, como ‘decreto de convocatoria’, sin máis, tratará a aprobación definitiva dos documentos de xestión da residencia de maiores.

  • Mañá, martes 18, pleno

    Mañá martes 18 de setembro hai convocado un pleno. Como ninguén vai á sede electrónica do concello para mirar se hai ou non plenos (ou outras cousas) en boa parte polo intrincado que pode ser descubrir un documento, e á espera do prometido mapa, copio a convocatoria:

  • Hoxe, 20180524, pleno

    Non o procures na web do concello. Tes que ir alí e mirar entre os múltiples papeis diversos  para atopar a convocatoria. Unha convocatoria que inclúe a aprobación de dúas actas, unha expropiación forzosa en Ove para un depósito de auga e outra nas Aceas para o paseo peonil. A revotación cunha variación mínima do…

  • Un inmoble por cada ribadense. 30 000 € de valor catastral

    Iso é o que se desprende do censo de inmobles no concello. Case 10 000 habitantes, case 10 000 inmobles. A valoración total sobe algo de 300 000 000 €, o que da, de media, algo máis de 30 000 € de valor catastral por cada inmoble. Ou por cada ribadense. Algo menos de 2…

  • Actualización do concello

    Esta mañá escribín sobre o concello de Ribadeo, sobre a súa web e o erro ó entrar nunha sección, a de arquivo. Doce horas despois comprobo que a web segue igual, sen corrixir. Pero entrei na web do concello de novo non por iso, senón porque remato de enterarme que hoxe hai pleno. Para mirar…

  • O pleno pasado (20171129): complemento/suplemento en vídeo

    Rematan de pasarme a gravación dos 50 primeiros minutos do pleno do 29 de novembro en vídeo, como xa anunciara en ‘un pleno pode ser divertido‘. Coido que complementa moi ben cos outros do conxunto, a versión do concello, e ‘pleno hoxe‘.  … neste Nadal pódese ver en familia!

  • Achegándonos á autovía con unanimidade

    O que se pretende Plano do PXOM actual, centrado na zona do novo acceso pretendido. O achegamento de Ribadeo á autovía é desexable. Así o ven os grupos políticos en conxunto. Queda moito para abrir o acceso ás rotondas de Vilaselán vindo de Galicia, pero esa é parte da idea, cara a un futuro non…

  • Canapés

    O canapés chaman a atención. Máis ós que chegan de fóra de Ribadeo que ós propios, Hai tempo adiquei un par de entradas á zona. A primeira, aló polo 2013, relacionada coas obras do parque infantil que hoxe segue na zona, e onde se podían ver en foto aerea as estruturas dos canapés. A segunda,…