Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.335 posts
31 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: pensións

  • Pensionistas facendo o seu traballo. 20210605

    Pensionistas facendo o seu traballo. 20210605

       Traballando, continuando, coido que dá unha idea mellor que dicir ‘en loita’.    Hoxe houbo, unha vez máis, concentración arredor das pensións. Un curto tempo no que algo máis de 40 persoas lembraron a situación actual dun modelo de pensións atacado e atracado dende hai tempo. Como outras veces, Básaro leu un texto. Logo…

  • 1 de maio en Ribadeo. Ano 2021

    1 de maio en Ribadeo. Ano 2021

    Esta mañá, convocadas por diversos medios, como o cartel que deixo en baixo, corenta persoas xuntámonos o mediodía na explanada do Cantón. A concentración, da que a foto da unha idea de que se gardaba a distancia (quen quera ver a concentración enteira, tenas fotos de Suso Fernández no Facebook), tivo como punto central a…

  • Pensionistas en abril. Ribadeo 2021

    Pensionistas en abril. Ribadeo 2021

       O sábado 3 de abril houbo unha nova concentración de pensionistas en Ribadeo. Ata corenta persoas concentrámonos no Cantón uns minutos mentras Básaro lía o que queda abaixo e se difundían un par de iniciativas en relación á xesión dos cartos polos bancos e o que nos custa. Isto último, algo que se prevé…

  • 3 de abril, 12 horas, concentración. Por ti.

    3 de abril, 12 horas, concentración. Por ti.

    Un mes máis, un mes menos…

  • Demasiadas reivindicacións?

    Demasiadas reivindicacións?

       Onte en Ribadeo tiveron lugar a inauguración dunha estatua na praza oito de marzo e a concentración dos primeiros sábados de mes polas pensións. Non tería nada de raro senón porque houbo unha coincidencia de horas. A concentración polas pensións leva celebrándose varios anos os primeiros sábados de mes á mesma hora, as 12…

  • 1 de marzo, concentración. Mobilización.

    1 de marzo, concentración. Mobilización.

       Suso Fernández remata de colgar varias fotos de hoxe. Vai primeiro unha delas, xuntanza baixo a chuvia e no medio do coronavirus, con protección ante ambas. Foto de Suso Fernández E agora, a información, por que, como… Así que: 1. A convocatoria:  2. O manifesto:     E 3. En espera das fotos, unha…

  • Tres anos? Non, moitos máis…

    Foto de Suso Fernández Collo unha foto que Suso Fernández ten publicada nas redes para lembrar o mesmo que el pretende: hai tres anos que comezaron as concentracións de pensionistas en Ribadeo. Cambiaron diversas cousas dende aquela: non hai foto de periodista (si de Suso, que as doa á prensa se quere publicalas), a xente…

  • Onte, os pensionistas

       Onte, os pensionistas deixaron outra vez testemuña en Ribadeo. As fotos de Suso deixan, á súa vez, testemuña. Aquí vai algunha:

  • Concentración de pensionistas. E van…

       O sábado 7 tivo lugar unha nova concentración de pensionistas en Ribadeo, como tódolos sábados dende hai máis de dous anos (excepto os afectados polo confinamento). Foi no Cantón, ás 12, coma sempre, e deixo en baixo unha foto de Suso Fernández, recortada, e a declaración que se leu. Os asistentes quedaron convocados xa…

  • Sobre a concentración do movemento en defensa das pensións. Ribadeo, 20200905

    Hoxe, sábado, primeiro de mes, retomouse a concentración en defensa das pensións en Ribadeo. Foi no Cantón, e o primeiro que se dixo foi que se gardaran as distancias… Cousas dos novos tempos pandémicos. Logo leuse e comentouse un escrito, que deixo embaixo. E lembrouse que o próximo primeiro sábado de mes seguirá habendo concentracións,…