Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Óscar Chao

  • Reseña de dúas actividades conectadas: roteiro a partir da illa Pancha e presentación de BirdFlyway

    Hai uns días deixei a convocatoria das dúas actividades, promovidas por ‘Por Nuestro Faro‘ e agora paso a deixar un breve resume do acontecido nas mesmas. A primeira realizada, venres 21 de abril ó anoitecer (dous días antes do día do libro, hoxe), na casa das letras, foi a presentación de BirdFlyway, libro de Antonio…

  • Coñeces os espazos naturais protexidos de Ribadeo?

    Está ben que se usen como atractivo turístico, mentres non resulten danados. Pero para mantelos así, os ribadenses necesitamos coñecelos tamén, para poder aprezalos nós en primeiro lugar. O pasado día 5 de febreiro foi o día dos humedais, pero en xeral pouco deu que falar nunha terra onde teñen a súa importancia, e non…

  • Ilusión pausada, entorno coidable, ría de Ribadeo e reserva da biosfera

    Foto de Javier Gallego, outro dos participantes Onte tivo lugar a xuntanza convocada para retomar a funcionalidade da Plataforma para a Defensa da Ría de Ribadeo, co detonante da convocatoria doutra xuntanza para elexir representantes no Consello da Reserva da Biosfera. O certo é que as 18 persoas que estabamos esperabamos ser menos, e iso…

  • Nota de prensa de O Tesón, ciclo o Medio Ambiente dende Ribadeo

    AVV O Tesón Nota de prensa Ciclo visións do medio ambiente Onte sábado tivo lugar a segunda actividade do ciclo da AVV O Tesón “Visións do medio ambiente dende Ribadeo”, a conferencia de Óscar Chao Penabad “Máis aló das Catedrais: biodiversidade en Ribadeo e arredores”. Comezou facendo unha descrición xeral en torno ós piares conservacionistas,…

  • Máis aló das Catedrais: biodiversidade en Ribadeo e arredores

    AVV O Tesón Nota de prensa Ciclo visións do medio ambiente A AVV O Tesón, dentro do ciclo “Visións do medio ambiente dende Ribadeo”, ten programado para o sábado 18 de abril a conferencia de Óscar Chao Penabad “Máis aló das Catedrais: biodiversidade en Ribadeo e arredores”. Será ás 20:00 horas no Salón de Actos…

  • Conservación da natureza, conservación de nós, desenvolvemento da zona

    Onte tivo lugar a primeira actividade do ciclo da AVV O Tesón “Visións do medio ambiente dende Ribadeo“, a proxección da curta vídeo documental “Desarrollo y vinculación del turismo con la conservación de la naturaleza”. Tanto no vídeo como despois na charla entre o público asistente quedaron patentes unha serie de liñas que estruturan os…

  • Biodiversidade e conservación da natureza en Ribadeo

    AVV O Tesón Nota de prensa A AVV O Tesón ten programadas para o presente mes de abril un ciclo de actividades sobre a biodiversidade e a conservación da natureza, ofrecendo unha visión dende Ribadeo e enfocada no entorno ribadense. Como primeira actividade e preparación das dúas charlas posteriores, este venres 10 de abril ás…