Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: obras

  • Observatorio? Futuro?

    O observatorio de aves, tal como estaba ata o de agora,nunha imaxe de Google Street View.      Onte pasei por alí. Ó ir co meu propio motor humano e non co mecánico de explosión, foime doado o parar, ver e aprezar. Chocoume e fíxeno. Non sabía nada, quizais foi iso o que aumentou a…

  • Adecentamento do cantón

    Hoxe, ó pasar polo parque, leveime unha agradable sorpresa. Cambiaran a cobertura do baixo da Torre dos Moreno no cantón. Non hai unha perspectiva na que cadre exacta a superposición, pero aproxímase abondo, como pode verse na foto. Un pouco máis en detalle, obsérvase mellor a calidade percibida da reprodución:  O cambio foi realizado moi…

  • A próxima semana, pleno

    Iso é o que se deduce da nota de prensa que liberou o concello, na que se indicaba que mañá xoves haberá comisión informativa previa. Ou sexa que, aínda que de xeito indirecto, sabemos que a próxima semana será o pleno ordinario que se realiza cada dous meses, en mes impar, estes últimos tempos, de…

  • Ruinas non, patrimonio

    Esta semana chegaron a min varias novas sobre conservación de patrimonio, en Ribadeo e en Barreiros. Patrimonio que non se circunscribe á natureza, caso das famosas Catedrais que tamén variaron como escenario esta semana (tanto a nivel legal como de rodaxe). E é que a Deputación Provincial tivo pleno o martes e aprobou, entre outras…

  • Contribucións para unha historia da Ponte dos Santos

    Procurando acubillo á sombra da Ponte dos Santos. Foto de G. Gómez. Nestes día reavivouse a polémica sobre a falta de luz na Ponte dos Santos a raíz do reenvío de cartas ás seccións asturiana e galega de estradas do Estado sobre as consecuencias que pode ter a obscuridade ó atravesar a ponte. Fíxome pensar…

  • Unha visita “inesperada”

    Hoxe visitei Mondoñedo. Un paseiño de vagar polas súas rúas cargadas de historia sempre ven ben. Resulta que tiña tempo e vinme forzado a usar a vella N634. O motivo? O Fiouco, claro, estaba pechado ó tráfico. Gústanme os paseos por Mondoñedo, e desta, non me importou, mesmo agradecín a desviación. Outras veces é ben…

  • Como pícaros

    Un amigo envíame tres fotos tomadas esta Semana Santa en Ribadeo. Coido que a cousa está clara: os pícaros non tiñan un espazo ó que estaban afeito e recolonizarono. Ata aí, algo normal. Que se podan saltar a limitación de xeito tan doado cando a limitación é precisamente para que non a salte, xa non…

  • Estarán a tempo?

    Que a tempo para que? Para as eleccións, claro! O título e o primeiro parágrafo darían para o comezo dunha charla á vista do anuncio, onte, das obras de Ramón González II (penso que sería polo menos III, contando a parte ó norte, entre Doutro Moreda e Rodríguez Murias) Coido que si, chegará… despois de…

  • O xogo do despiste

    Estas dúas imaxes son iguais, diriamos: representan o mesmo. E en ningunha das dúas se ve con claridade o fondo. Hai pouco tempo saiu un artigo de Campo Braña sobre a non celebración da feira do libro en Ribadeo neste ano. Resulta que si se vai celebrar, aínda que non no circuíto de feiras publicitado.…