Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: O Tesón

  • Nota de prensa da Asociación de Veciños de O Tesón (2ª de hoxe)

    Reproduzo a nota de Prensa de O Tesón: Conforme o ven facendo de xeito normal, a Asociación de Veciños O Tesón ten remitido ó Concello dúas preguntas para seren contestadas no pleno municipal correspondente a este mes. Deitas preguntas pódenas facer as asociacións de veciños en virtude do acordado polo Pleno do Concello o 13…

  • Terceiro e último: en Ribadeo cada un paga o seu e o síndrome de Dionisio

    O dito, a última de hoxe caiga quen caiga, pois do contrario, véxome co que eu chamo ‘síndrome de Dionisio’ e que quixera evitar por diferentes razóns: a ocupación dun espazo determinado común de transmisión de xeito monopolístico e abusivo, como chegou a suceder na Comarca. Ben, é a referencia a unha obra pola que…

  • PXOM de Ribadeo

    Unha volta ollado o informe sobre o PXOM que referín antes, coido que ben ven publicar as alegacións feitas no seu momento polo Tesón. A manifestar que non recibimos ningún tipo de comunicación posterior, e que xa pedíamos unha nova redacción, non variacións aquí e aló, e que o informe da Xunta colle os puntos…

  • Ribadeo, menos ruído?

    Presento o comunicado da A. de veciños O Tesón : A asoc. de veciños O Tesón de Ribadeo, por este comunicado, da conta de que recibiu escrito da Delegación Provincial de Presidencia, Adm. Públicas e Xustiza polo que se denega o aumento de horario de apertura de locais nouturnos unha hora máis no veran, a…

  • Música e músicos, e outras artes

    Onte foi o concerto de fin de curso da escola municipal de música e danza Hernán Naval no auditorio Carlos Álvarez, ambos de Ribadeo (resño de novo que ningunha das dúas entidades ten o nome oficial polo momento…). Pachelbel con Tachaikovski, Jo Vlies, Abba, Mozart, conxunto da Un. de Berkeley… arranxados en algúns casos, como…

  • Aparatoso

        Aparatoso. Por sorte, é o calificativo que mellor se axusta ó accidente de onte, pois non houbo víctimas. O remolque, cargado con chatarra, saíuse do seu carril, cruzou a vía (en negro na imaxe tomada do Sigpac), rachou a barandilla (en rosa) e caeu en parábola, cortou un par de árbores ó facelo e…

  • Pleno vacío en Ribadeo

    Estes días, e ata a próxima semana, ando con pouco tempo… o que non me impediu onte ir ó pleno. Moitos temas tratados en clave, para que non se entendan dende fóra (eso parece), contestacións crispadas ou desdeñosas no mellor dos casos, … como exemplo, un botón: as dúas preguntas de O Tesón, nunha foi…

  • Logo de O Tesón

  • Ribadeo, ano 74

        Por obra e gracia de Conchita (a ‘Presi’ de O Tesón), caeu nas miñas mans unha ‘Comarca’ do ano 74, a do 4 de agosto. Quedei dunha peza cando vin as sinaturas dos artigos: Vicente Risco, Eduardo Blanco-Amor, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, fan de viciños de Gregorio Sanz, Víctor Moro ou Daniel Cortezón,…

  • Máis ruído

    Hoxe aparece na prensa que a Delegada Provincial de Presidencia e Xustiza autorizou a extensión de horario de apertura dos establecementos nouturnos durante as festas. Eso significa literalmente máis ruído. Mañá presentareille, nunha entrevista como representante do Tesón, unha folla con razoamentos e feitos sobre o tema. Polo momento, lembro aquí algo que escribín e…