Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: O Tesón

  • Ostedijk, imaxes e unha convocatoria en Ribadeo

    Comecemos pola convocatoria, para mañá, da asamblea xeral de O Tesón: “Pola presente comunicación, convócaselle á asamblea xeral ordinaria da Asociación de Veciños ‘O Tesón’, que terá lugar no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo o día 23 de febreiro de 2007, venres, ás 20 horas na 1ª convocatoria ou ás 20:30…

  • Culebrón

    Coido que a algúns seriais da radio lles comezaron a chamar ‘culebrón’ porque unha volta comezados pola cabeza, seguía un corpo da historia que sempre era igual e alongábase, alongábase, alongábase…. como unha longa culebra. si, refírome á nova intervención de Reinante en Ribadeo contra os seus antigos compañeiros (ver a prensa de onte, de…

  • Unha exposición en Ribadeo (Nota de prensa de O Tesón)

    AVV O Tesón – Ribadeo Nota de prensa O próximo luns, día 5 de febreiro, terá lugar a apertura da exposición ‘Os habitantes dos Castros’. A exposición “Os Habitantes dos Castros” pretende dar a coñecer, dun xeito ameno e didáctico, as características máis salientables dos castros galegos. Está estruturada en sete bloques temáticos e ofrece…

  • O Ribadeo que queremos, antes dos programas

    Hai xa case un ano que propuxen nun artigo comezar a dicir o Ribadeo que queremos. O certo é que non tivo continuidade, pois pretendía que houbera unha confluencia de quereres expresados por escrito, pero non foi así. Dentro de pouco sairán os inflados programas electorais, onde serán os partidos políticos os que presenten as…

  • Por que esta foto non é actual? Inocentes en Ribadeo

    é unha foto tomada case vai un ano. Non embargantes, costa descubrir, a non ser pola data, cando foi tomada. Só un pequeno detalle fai ver que non é actual: hoxe a valla está máis retirada, impedindo case o paso pola estrada. Parece unha inocentada do día de hoxe, pero non o é. Tamén resulta…

  • Dinamizando o Castro das Grobas, Vilaselán, Ribadeo

    Un segundo post hoxe para tratar do castro das Grobas. Adxúntase a foto dun cartel da primeira xornada que O Tesón vai tratar en relación ó castro. Pénsase en facer outras dúas charlas, achegando o tema cada vez máis ás Grobas. Esta primeira corresponde a ver como se está poñendo en valor o castro de…

  • Mar bramante, Cantábrico

    Onte o mar era un bramido. o seu berro chegaba ata Ribadeo, aínda que o ruído propio de funcionamento do pobo que quere ser cidade non deixaba oco para escoitalo a non ser que un se parara a facelo. abondo diferente da foto prácida da Pena Furada na entrada da Ría de Ribadeo. Mentras, parece…

  • A Comarca da o Eo, 18 de xuño de 2005: “O Tesón” de Ribadeo e o PXOM

    Artigo aparecido na Comarca a conta do PXOM de Ribadeo.

  • Titulares sobre Ribadeo

    Ás veces, a profesión de periodista da unas táboas ou unha visión que se escapan ós demáis na procura de titulares. Algún de hoxe así mo confirma: nesta entrada aludía ó pleno municipal de luns, e hoxe os titulares de prensa din en relación ó mesmo tema: “Vacas pide ayuda al juez para derribar el…

  • Retazos dun pleno no Concello de Ribadeo (2ª de hoxe)

    O normal é que os plenos sempre den para moito. Este de hoxe, luns aínda, non foi menos. Falouse de subas de taxas e de expropiación de terreos para facer un paseo marítimo e recuperación dunha acea e un muíño de regato en Zona de especial Proteccón de Aves (supoño que máis adiante no tempo…