Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: O Tesón

  • Nota de prensa de O Tesón sobre os cortes de luz

    En relación cos contínuos cortes de luz que se seguen a producir de xeito contínuo, mesmo hoxe, a AVV O Tesón quere aclarar que más dun mes despois de presentado o escrito asinado polas asociacións do concello, tan só se teñen recibido contestación de tres entidades, (Consellería de Presidencia, Instituto Galego de Consumo e Del.…

  • A ría de Ribadeo, na Comarca

    Escaneo hoxe un artigo de Pancho Campos, o Presidente da AVV O Tesón, que sae este fin de semana na Comarca (premer co rato para ver ampliado). O certo é que a ría, a raíz da nave de Mirasol, ocupa boa parte do espazo de que dispón o semanario. Hai un artigo de Farruco Graña,…

  • Un pleno diferenciado

    Onte, día 19 de maio, terceiro luns do mes, houbo pleno. A acta pódese atopar en Ribadeo-historia, nunha imaxe ampliable. 16 puntos da orde do día inicial, que xa batían unha marca, foron ampliados a 17 coa inclusión dun punto extra para aumentar un mes a exposición do PXOM. 25 persoas chegaron a atender parte…

  • Semana reivindicativa en Ribadeo (II)

    Coido que me faltaba por poñer na entrada de ‘Semana reivindicativa‘ algunha cousa. Xa sinalei o escrito enviado a Begasa e fixen referencia a el como un fito o que dez asociacións de veciños se puxeran de acordo para facer tal cousa. Asemade, fixen referencia á xuntanza informativa sobre o macro galpón na ría, e…

  • Xuntanza co alcalde

    Onte tivo lugar a esperada xuntanza de membros da mesa de asociacións co alcalde. Foi ás oito, no concello. Non se pode dicir que fose moi numerosa polo número de asocións representadas, pero foi a primeira en varios anos. E un método xa caducado coa anterior administración non se improvisa, nin tan só contando co…

  • Unha interpretación da xuntanza da mesa de asociacións

    A nota que poño básicamente foi redactada por Soledad Rodríguez, (aquí, a versión ‘orixinal‘) Ás 20 horas do 5 de abril, foi convocada pola AVV O Tesón unha xuntanza da Mesa de Asociacións no Parador de Turismo de Ribadeo. Estaban presentes O Teson, a Plataforma pola Defensa da Ría, a AVV de Vilaselán, a AVV…

  • Ribadeo diverso

    Comezo a escribir xa ó mediodía baixo unha música amplificada na rúa, moi concurrida, polo que entendo permitida polo concello, despois dunha noite típica de sábado, tamén con música amplificada de fondo, quizáis con máis boureo que outras noites semellantes, a conta de locais tamén permitidos polo concello, neste caso en particular destacando La Noche…

  • Un novo impulso no castro das Grobas

    Onte estaban a desbrozar de novo no castro. Hai un ano estaba a zona nunha situación parella, recén desbrozado. A diferencia básica? O de agora representa unha continuidade no tratamento da zona, que pode indicar que o concello estase a mover para que o castro sexa algo máis que unhas ruínas soterradas polo paso do…

  • O que se di e o que non se di

    “A información e a comunicacion sempre foron vectores de poder dominantes, poderes alternativos, resistencias e cambios sociais. A influencia sobre a mente das persoas, que a comunicación favorece, é un punto clave. Só ó moldear o pensamento dos pobos os poderes constitúense como sociedades, e as sociedades evolucionan, cambian”. …”A influencia máis determinante que os…

  • Imitando a Ribadeo, imitando a Lugo.

    Hoxe haberá un pleno no concello de Lugo. O tema principal, A participación cidadá. Levamos xa algún tempo con esto en Ribadeo, e ó que parece, polo momento temos algún avantaxe (aínda que nono teño claro, pois en Lugo xa hai algo escrito sobre o tema e aquí só o das preguntas ó final dos…