Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: O Tesón

  • Incorporación

    Despois de usar xa varios anos o sistema de preguntas ó pleno (en realidade, a ‘despois do pleno’, pois non entran en acta) que a AVV O Tesón logrou a comezos do anterior mandato no concello, agora por fin parece que outra asociación, a Atalaia, decidiu usar o sistema. Ata o momento só unha vez…

  • Vivir aquí e Google

    Polo que parece, hoxe, 29 de abril, no programa vivir aquí, aparecerá o tema de ‘ría de Ribambo’ en Google. Ligazón á tv: http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=30/04/2009%2023:22:05&fecha=29/04/2009&arquivo=1&programa=VIVIR%20AQU%CD&id_programa=381

  • Basta mencionar a maldita crise para que se instale a barra libre

    Non, ista vez non é polo tema de ruídos (aínda que visto Ribadeo, podería). Trátase dunha frase insertada nun artigo de Javier Guitián, A costa de la costa, onde se fala da posibilidade de voltar a construír na primiera liña de costa dentro de pouco. Nun momento no que o alcalde volta ó tema das…

  • Reproducción dunha entrada no blog de O Tesón: Ría de Ribadeo, non Río de Ribambo

    Coido que é convinte repetir aquí unha entrada de O Tesón, correspondente con algo que teño posto hai tempo neste blog (por certo, a entrada a Ribadeo si que foi corrixida): Coidamos que paga a pena tentar cambiar un mapa que se ve moito por internet: …”Que dende hai xa anos o principal sitio de…

  • Unha semana

    Ogallá as cousas sempre foran tan rápidas: pouco despois dunha semana despois de que o alcalde lle tirara das orellas a fomento nos medios de comunicación, ten a palabra de amaño dos desperfectos que se poden observar a conta da autovía no concello. calro que polo momento só é a palabra, pero algo é algo,…

  • Regulamento de participación cidadá

    O xoves 19, O Tesón presentou no concello a proposta dun borrador de Regulamento de Participación cidadá. Pode verse aquí (blog de O Tesón).

  • Convocatoria do Consello Sectorial da Muller

    Onte, venres 19, ás 20:30, estaba convocado o Consello Sectorial da Muller, coa orde do día de información das actividades a desenvoltar no primeiro semestre do ano e o traballo en comisións.

  • Comunicado de prensa de O Tesón

    Hoxe liberouse un comunicado de prensa da AVV O Tesón para incidir no aproveitamento da campaña eleitoral en marcha, coa consciencia de que hai moitas máis cousas que se podería tentar meter en campaña, pero hai que reducir as ambicións para poder sacar algo.

  • Un aviso rápido

    Hoxe pola mañá retraso a entrada. Só un aviso de que a acta do Tesón, da última asamblea, está na rede.

  • Pensamentos xurídicos

    En razón da secretaría de O Tesón, tento facerme con algunha información que doutro xeito non se me pasaría pola cabeza recoller. Entre esa e outra de tipo aprticular, vexo cada vez máis claro o obscuro da administración, tentando tapar todos os seus actos detrás do descoñecemento e uso abusivo de normas legais. Remato agora…