Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.358 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Música

  • Preparando a celebración do X cabodano de Hernán: unha convocatoria restrinxida

    Estase a baraxar a idea dunha obra homenaxe a Hernán no concerto das letras galegas, que coincide co décimo cabodano do seu pasamento. Polo momento, hai unha convocatoria para xoves 21 de abril ás 17 horas nos locais da escola de música, na que se pretende a asistencia de músicos que tocaran baixo a batuta…

  • O día da muller, en diferido

    Xa deixei no seu momento unha pequena reflexión sobre o cambio de datas dalgunhas celebracións debido ós cambios no calendario doutras. Onte por fin celebrouse o día da muller en Ribadeo coa actuación de varios grupos no concerto unindo voces pola igualdade: Alesancia, Maktubikan, Habelas hainas e A lei de Hooke. A entrada, case cheo.…

  • Noite de Paz, pola coral polifónica

    Collo a ligazón dende o blog da coral polifónica:

  • Música de Hernán Naval

    Este ano cúmprense 10 do pasamento de Hernán Naval. Estánse a perfilar diversos actos para conmemoralo. A modo de preludio vaian varias ligazóns de youtube. Lonxe do Mar, BMR 2008: Lonxe do mar, BMR 1995 (VI Festival de Bandas Amadoras, Pavilhão Paz e Amizade / Loures / Portugal): Lonxe do Mar, no día internacional da…

  • Aquí como en Viena, 20101230

    Unha boa actuación. O Hernán Naval, prácticamente cheo, os músicos como en xeral nos ‘Aquí como en Viena’, con semblanzas particulares, por exemplo, con moitos gorros de San Nicolás/Papá Noel, en versión vermello/CocaCola. Na ‘Pasarela do adeus’ os músicos foron escapando da escea, deixando só ó final ó director saíndo detrás do único instrumento aínda…

  • Asamblea Amadores da Música 2010 (II)

    Despois da 1ª parte, a non renovación da directiva, anunciada para a asamblea extraordinaria, e a conexión que fixen entre esa non renovación e o conflito a conta da actuación en Muxía, pola Virxe da Barca, fíxome preguntar por máis detalles sobre o tema, a partir de onde interviu máis da metade dos presentes, dende…

  • Deixando o 28 para outro día: Asamblea de Amadores da Música de onte (parte I)

    Onte, día 27, celebrouse a asamblea anual de Amadores da Música. en segunda convocatoria, ás 21:30, no salón da Casa do Mar, cunha asistencia de algo máis de 30 socios e uns cantos músicos (parte deles, incluídos xa como socios) Na mesa, 7 diretivos máis o director. En canto a lectura da acta anterior, lembrouse…

  • Concerto Sta. Cilla 2010 da BMR

    Deixo a carón o folleto de información do concerto de Sta. Cilla de onte (pódese ampliar a imaxe premendo co rato), e abaixo dous fragmentos de son. O concerto, no auditorio Hernán Naval, compensou o non chegar a media entrada coa calidade, que o público recompensou en xeito de aplausos. Churumbelerías, de Emilio. Cebrián Ruiz,…

  • Atravesando a barra da ría de Ribadeo

    Onte, co temporal no mar, era difícil de atravesar a barra da ría. Outro día falaremos do que é a barra, pero hoxe, pediría imaxinar o que sería entrar un barco na ría a finais do século XIX, a vela, coa opción de quedarse no mar cun temporal e ondas semellantes a estas, tomadas ó…

  • Dossier de prensa Musikeo 2010

    Chegou ás miñas mans o informe previo correspondente ó Musikeo 2010 (ver a entrada do blog para dar conta da celebración do Musikeo 2009)para a prensa, da Asoc. cultural Viejo Pancho, que creou tamén a páxina http://www.musikeoribadeo.com para información do festival. Ven acompañado dunha nota de prensa, que, afeizoados a este tipo de música ou…