Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.536 posts
42 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Música

  • UN SUSPENSO MORROCOTUDO. José María Rodríguez Díaz (2007)

       Catro temas concretos, catro faltas á palabra dada, nos di José María nesta entrada que non forma parte das dez de avaliación, pero paréceo, aínda que estea adicada a un pleno concreto (tratado no blog en Escola de música Hernán Naval e futuro e en Ribadeo, Ribadeo; a acta correspondente pode atoparse aquí). Viernes,…

  • Aínda non rematou o concerto

       Póñome a escribir entre dúas obras. Paro: comeza o Danubio Azul.    Concerto Covid no Hernán Naval a cargo da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Case hora e media de transmisión que queda en https://www.facebook.com/287827837895905/videos/1480789548788259, onde algo máis de media centea de telespectadores a están a seguir, a máis dos presentes no reducido…

  • Unha festa, unha música

    Unha festa, unha música é un artigo feito para o libro das festas patronais de Ribadeo 2001. Aí vai: — Posterior (abril de 2025). A raíz dunha petición recibida, deixo o texto con algunha corrección e en formato usual: Unha festa, unha música Festas patronais 2001. Neste ano que sona a Stanley Kubrick e Arthur…

  • Carlos Álvarez Fernández-Cid, músico

    Dunha publicación da Coral Polifónica    Por fin cheguei no meu tempo a unha lectura ribadense que me estaba a esperar. Aproveitando uns poucos raios de Sol pola fiestra remato o libro e non podo menos que deixar constancia: “Carlos Álvarez Fernández-Cid, músico” é polifónico e temperado. Monotemático e variado: corenta colaboradores en harmonía dan…

  • Un vello programa: BMMR 2007

    No seu momento, a premura deu lugar a un escaneo defectuoso. Hoxe, volvo con elo: Programa do Concerto do Día da Patria Galega 2007

  • Aquí como en Viena 2019

    Ribadeo, 28 de decembro de 2019. Non é unha inocentada. É o concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo, da nosa banda. Con algunha inocentada polo medio, si, como cando a presentadora sae a dicir -despois dun estrondo no interior- que o concerto se suspendía por unha caída do director nas escaleiras do interior…

  • Festival de Swing 2018

    PROGRAMA: venres 13 abril: 21:30 recepción na sala Rosalar Ribadeo 22:00 taster de baile rock’n’roll 23:00 concerto da bigband The Swingtonized BAND 01:00 festa swing na sala Rosalar Ribadeo sábado 14 abril: 10:30 recepción no Teatro de  Ribadeo 12:45 – 14:14 clases de baile nivel 0 en teatro Ribadeo. 14:30 xantar 18:15 – 19:15 clases de baile nivel 0 en teatro Ribadeo…

  • Individualismo, sociedades e directivas

    Unha das novas de hoxe é en realidade un chamamento. Chamamento á participación en primeira liña por parte de ACISA Ribadeo, que procura nova directiva. Xa hai dous anos, a directiva aínda en funcións formouse tarde, ante a evidencia de que ía ser un problema para a asociación a falta de dirección. Non é a…

  • Lembranzas do concerto de Nadal en Ribadeo (Aquí como en Viena 2017)

    Un pase, o díptico e unha foto como lembranza visual. O dous últimos temas como lembranza auditiva.

  • Máis música!

    Hai poucos días deixaba o aviso do concerto ‘Aquí como en Viena’ da banda, para hoxe. E remato de abrir un correo con outro aviso… para hoxe!: