-
Fin de curso no auditorio de playmóbil
Onte foi un fin de curso no auditorio que Hernán calificou de ‘de playmóbil’. A xente da EMMD portouse e voltou a sorprender Martín polas súas ideas, esta volta con ‘vídeo a catro mans’. Suso de presentador, diplomas, premios a rapaces por servir de reporteiros no espectáculo ‘frautasía’, e música, escola e canto, con danza……
-
Sobre o fin de curso na escola de música
Remato de recibir esta nota de prensa da EMMD de Ribadeo (a foto, do fin de curso do ano pasado): Espectáculo, sorpresas e diversión son as claves do Festival de Fin de Curso da EMMeD de Ribadeo Participarán máis de 250 nenos e nenas da EMMeD de Ribadeo Ribadeo, 29 xullo 2007. A Escola Municipal…
-
Segunda de hoxe, unha para mañá: concerto.
Paso unha nota de prensa que remato de recibir sobre o concerto didáctico: — A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra un concerto didáctico no CEIP Gregorio Sanz A actividade enmárcase nos actos de celebración do final de curso do centro Ribadeo, 21 xuño. A Orquestra Sinfónica Xuvenil da Escola Municipal de…
-
Empresa Ribadeo
A ERSA era a empresa de autobuses, agora inexistente. Pero o título non se refire a ela, senón a Ribadeo considerado como empresa. Algunha vez teño oído falar de eso, Ribadeo como Empresa. Pero resulta que as empresas, sexa cal sexa a súa actividade teñen todas en primeiro lugar un fin: gañar cartos. E parece…
-
Estruturando Ribadeo
As estruturas que se ven nas imaxes levan sendo montadas no porto de Mirasol varios meses. Só onte souben, por unha denuncia da plataforma de defensa da ría de Ribadeo, que eran para meter na cimentación da ponte para facerlle uns arranxos. A plataforma (e eu) tiñamos idea de que a documentación da ponte…
-
Sobre a escola municipal Hernán Naval
A escola municipal de música e danza de Ribadeo estaba pendente da data de finalización do permiso para o director ‘fixo’, José Luis. Entendo nestes momentos que a data límite para notificar o retorno xa pasou e que non exerceu o seu dereito á volta ó seu posto, polo que nestes momentos Lourenço Cruz continuaría…
-
Día gris
Mellor falar do tempo: día gris en Ribadeo o de onte, onde a néboa cortábase pola tarde ata parecer densa, o mesmo que sucede esta mañá… Onte Cristina Almeida nun acto para mulleres, hoxe a Ministra de Educación nun mítin (non nos centros escolares), veñen apoiar a ‘políticos locais’. Reflexiono por que veñen estes persoeiros,…
-
dúas lembranzas de Hernán
Saen na Comarca de onte. Deberan ter saído o 17, pero xa se sabe, non hai edición máis que os sábados. Son os artigos ‘Aprendendo a ensinar’ de Fernando Rodríguez Raño e ‘Bótote de menos hoxe… exactamente igual que onte’, de Viki Rivas Fernández. Lembro que premendo co rato sobre as imaxes poden verse a…
-
Chove, rosa de abril
Chove. Menos que onte, pero chove. Procurei na rede a obra de Rosalía (nº 2 de Cantares Gallegos) que deu pé á ‘Rosa de abril’ de Andrés Gaos, que se tocou onte no concerto da banda de Ribadeo. Atopeina aquí, e aquí vai o texto concreto usado na cantiga, lido onte por Suso. — Nasin…
-
Concerto triste
O ledo Ponteareas, antes do himno galego, non conseguiu animar un concerto dunha banda de poucos máis de 40 músicos escoitada por un máximo de pouco máis de 100 persoas. A música estivo ben, pero a resposta a un concerto clásico en Ribadeo, que non só celebra o día das letras, senón que é unha…