-
Un par de cousas máis sobre Amadores
Comezo con algo alleo ó tema: por algunha estrana razón non podo meter fotos no blog, non me presenta algunha opción como a de etiquetado e podo facer ligazóns con dificultade (‘á man’), o que me impide algunha cousa que quería facer hoxe. Despois da referencia de onte a Amadores da Música, lembro que na…
-
As asambleas de Amadores da Música (25/10/2008)
Asamblea xeral ordinaria de Amadores da música, 20:30, 25 outubro 2008 Nota previa: a ter en conta que esto non é unha acta oficial. Non se recollen todas as intervencións, senón máis ou menos unha síntese. Asistencia, unhas 50 persoas. 1.Leitura e aprobación da acta anterior. Fíxose e deuse por aprobada 2.Estado de contas. Salvo…
-
Amadores
Hoxe tivo lugar a Asamblea xeal ordinaria e extraordinaria de elección de directiva de Amadores da Música. Como a entrada será longa, comezo cun aperitivo dando sinxelamente os nomes da nova diretiva; noutro momento xa sacarei a crónica de ambas asambleas. Mª Guadalupe Lindín Lanza (Presidente) Mª Cecilia Barcia Villarino Mª Griselda Ríos González Leandro…
-
Mañá, sábado
Despois de deixar dúas novas notas de prensa do concello, sobre o parque de indianos e a recuperación das cetáreas de Rinlo (audio incluído), unha pequena entrada para lembrar un feito importante para a comunidade ribadense, incluída a parte no exilio: Mañá celébrase a asamblea anual de Amadores, e a extraordinaria despois dela, esta última…
-
Movementos, pero non á vista
Parece que antonte foi a presentación do curso na Escola Municipal de Música; entérome a auga pasada, e seguro que habería algún cartel ou mesmo que enviarían hai tempo algunha comunicación ás casas. Pero polo menos, non son consciente de ter visto nada deso. E xa teño escoitado de varias persoas que non se enteraron,…
-
Unha reseña: I Certame de intérpretes mozos Hernán Naval
Deixo abaixo escaneado o folleto de información do Certame Hernán Naval de intérpretes mozos, coorespondente a 5-13 de xullo de 2008:
-
Banda sonora de ‘os mortos van á presa’
O outro día quedoume por pór a ligazón: http://www.losmuertos.es/descargas/mp3/banda.MP3. O que se escoita nese punto é o tema principal da peli. Eso e outras cousas son accesibles no blog.
-
Denominación de orixe
Enterámonos de que a faba de Lourenzá ten denominación de orixe protexida. E penso en Augas Santas/As Catedrais despois de ver atosigados dous aparcadoiros e proxectarse ampliación de prazas… Os orzamentos de Ribadeo foron aprobados en pleno antonte (abstención de PSOE e UPRi) e coido que non incluirían ningunha aprtida para algo equivalente a unha…
-
Do festival de bandas de Ribadeo
Onte houbo outro concerto, pero como non vou ir, pois… Despois do anuncio, o díptico e algunha ligazón. A dicir que primeiro actuou Sober, que engadiu dúas pezas máis. Como Soutullo leva morto máis de 70 anos (i.e., a súa obra pasou ó dominio público), poñerei a actuación da BMMR, a nosa banda de Ribadeo,…
-
Quen se vai perder hoxe o festival de bandas?
O Paseíllo (=desfile), antes, sobre as 20; o festival, ás 20:30 na Praza da Música. Está previsto que a Banda Municipal de Ribadeo toque, por esta orde: – Sangre de artista – Invicta – Festa paesana – Medley boleros – Ponteareas
