Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.536 posts
42 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Música

  • Música hoxe

    *MÉRCORES 23, ás 20.00 horas. CONCERTO DO CORO XOVE DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA Celebración do 25º aniversario de Mari Carmen Rodríguez Cancelo como directora da Coral Polifónica de Ribadeo Organiza: Coral Polifónica de Ribadeo Colaboran: Parroquia de Ribadeo, Caixa Galicia e Delegación de Cultura do Excmo. Concello de Ribadeo. Coido que paga a pena…

  • Música e Amadores da Música

    Deixo á beira o díptico do festival de Nadal da EMMeD de Ribadeo, que tivo lugar onte, decorada cun debuxo de Marta Portela Besteiro. Asemade, unha folla con panxoliñas que interpretaron os profesores. E, abaixo, a convocatoria da Asamblea 2009 da Asoc. de Amadores da Música, a titular da banda municipal,e a asociación que leva…

  • Axenda cultural para sábado e domingo

    Sábado 12 de decembro ás 20 horas no Cine Teatro EN CONCERTO JEAN-MICHEL VEILLON frauta traveseira (BRETAÑA ) + XEL PEREDA guitarra (Galiza) ENTRADA DE BALDE Domingo 13 , ás 20.30 horas no Hernán Naval CÁNDIDO PAZÓ PRESENTA HISTORIAS TRICOLORES Ou de como aqueles animaliños proclamaron a república un espectáculo de narración escénica para teatro…

  • Piratas en internet: unha curiosidade

    Quen é o pirata? Se vemos a noticia sinalada, quizáis poderiamos sinalar algo así como ‘o que vai tras os cartos (despois de telos)’. “Será un cruce de cables, pero agora vénme á memoria a frase de Brecht “que é roubar un banco comparado con fundalo?”” (artigo que tamén trea outra frase lapidaria de Luisa…

  • Aleluia?

    Remato de ver na web do concello unha nova, “REÚNESE NUNHA SESIÓN EXTRAORDINARIA O VENRES da Xunta de portavoces“, o que indicaría un contido común máis na web. Contido común e desexado, que indicaría un novo recorrido da web municipal cara á inclusión das convocatorias dos plenos, por exemplo, permitindo unha reacción anterior e participación…

  • Concerto da banda no día de Santa Cilla

    Por ista, só o díptico. Iso si, faltaron moitos músicos pola gripe. Do ‘ecotrack’, tamén da fin de samana, nada…

  • Música no fin de semana de Santa Cilla

    Só un pequeno aviso: Despois do mércores ter actuado os alumnos na EMMD, hoxe sábado actúa a banda ás 20:30 no auditorio Hernán Naval, e mañá a Coral Polifónica de Ribadeo celebra actos do 25 cabodano de Carme Rodríguez Cancelo como a súa directora, cunha misa cantada á 1 do mediodía, e unha comida con…

  • Música por Santa Cilla en Ribadeo

    Mércores Na casa do mar, ás 20.30 horas, concerto de Santa Cilla a cargo da EMMDR. Sábado Para celebrar tamén o día de santa Cilla concerto da BMMR ás 20.30 horas no auditorio Hernán Naval

  • Seguindo rumbo: presentación do novo curso na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo

    Remato de chegar á casa despois da presentación, que se inicou ás oito da tarde. O salón de actos da Casa do Mar, a rebosar, non puido conter á xente. Soe suceder que neste acto esteña cheo a rebosar, pero nunca o estivo tanto como ista volta. Pode que houbera algo de morbo pola situación…

  • A Freixa

    A Freixa foi o agasallo da Banda Municipal de Ribadeo ós asistentes ó concerto da patroa, na Praza da Música. Concerto dado entre a sirena de cambio dos coches eléctricos e o marmurio de moita xente, nunha actuación que non parecía estar dada en Ribadeo a causa precisamente diso, do ruído de fondo das conversas…