-
Letras no Campo 2024
En baixo deixo a información sobre a nova edición da feira do libro de Ribadeo, Letras no campo 2024 (X edición): Cartel e díptico coas actividades (incluída presentación de ‘A temperie ribadense no século XXI‘, o venres 24 ás 7 da tarde)
-
Na Veiga medran as inundacións
1 de setembro de 2023. Coeficiente de marea: 111. Coincide antes da pleamar das sete da tarde unha pequena (podía ser abondo peor) tromba de auga na Veiga. E unha presión que se mantivo boa parte do día, incluído a marea baixa, por baixo dos 1009 hPa. Resultado: inundación. Non é novidade…
-
Incendio en Vilaselán
Foto de autor descoñecido Comezado sobre as dúas e media da tarde, queimou unha hectárea de árbores, herba e matorral perto da depuradora, do Castro Das Grobas e da desembocadura do río de Vilaselán. As altas temperaturas, a falta de auga, vento, e posiblemente, a mala intención, fixeron das súas.
-
Meteoroloxía en Ribadeo en 1919/1920
Meteoroloxía en Ribadeo en 1919/1920 A raíz da publicación da biografía de Enrique Suárez Couto en Ribadeando, estiven na procura de algunha imaxe para ilustrar o traballo de Lourenzo Fernández Prieto, atopando algo que descoñecía. Polos cadernos mensuais que se gardan na biblioteca da Pedro Murias e os (poucos) rexistros derivados deles que…
-
A temperie ribadense no 2020, en Galicia Dixital
Hoxe recibín a comunicación de que o estudo meteorolóxico sobre Ribadeo ‘A temperie ribadense no 2020 e un complemento‘ está xa publicado na biblioteca dixital de Galicia Dixital, incluído o complemento sobre chuvia na illa Pancha, en https://bibliotecavirtual.galiciadigital.com/content/temperie-ribadense-no-2020-e-un-complemento
-
Canadá, 50 ºC. Ribadeo, frío.
Gráfica da NASA manifestando a anomalía de temperaturas en norteamérica estes días, en comparación coa media dos sete anos anteriores. Imaxe no dominio público. As novas dan fe: no Canadá están a sufrir temperaturas de case 50 ºC, en zonas onde o normal é que nesta época pouco máis teña feito que comezar…
-
A temperie ribadense: un avance
Quedan aínda 17 días para rematar o ano, mais raro sería que 2020 non volvera a batir unha marca de temperatura media dende que hai rexistros. De feito, a gráfica leva case todo o ano por riba das dos outros anos. Preséntase baixo estas liñas a evolución da temperatura media ó longo de cada…
-
Tormenta eléctrica sobre Ribadeo
Xa anoitecido, onte houbo unha tormenta eléctrica que, cando a vin, estendíase dende a zona de Trabada a Reinante. Aquí queda algunha captura de relampos coa ponte dos Santos e Ribadeo en primeiro plano. Naturalmente, as imaxes do vídeo non dan fe da grandiosidade observada a ollo nu dende a outra beira da ría. Os…
-
De temperaturas
Onte foi un día de calor. Non chegou, nin moito menos, á máxima rexistrada na estación meteorolóxica da Granxa Pedro Murias (35,4 ºC, 15 de outubro de 2017), pero chegounos. Ao menos a moitos, aínda que haberá a quen lle pareza unha temperatura normal. De calquera xeito, polo momento, en Ribadeo non houbo ninǵun ano…