Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.379 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • Unha nova entrada

    Paso en .jpg a documentación que me fixeron chegar os da asociación Vigo contra o ruído (AVCOR), a publicación da declaración de Zona Acústicamente Saturada en vairos lugares de Vigo. Lembro que en Ribadeo unha medida semellante foi pedida hai case un ano. Asemade, estáme a chegar algún anuncio de programas de partidos que concorren…

  • Resaca da fin de semana

    As dúas fotos de hoxe están sacadas do mesmo lugar e de xeito sucesivo con pouca diferencia de tempo. Só é unha mostra do bonito que pode ser un sitio e como se pode estragar. Neste caso, as fotos, só amosan un efecto de tipo visual, de lixo, un dos múltiples posibles despois dunha troula…

  • Novas en Ribadeo nun día sen novas en España

    Hoxe parece ser que non hai periódicos, do mesmo xeito que no día de Nadal, por exemplo. Nembargantes, hai novas, pequenas ou grandes, pero hainas. As que poño hoxe son se base gráfica. E non son tan novas,pero si no blog e coido que nos medios se apareceron, foi a medias. A primeira e segunda…

  • Eppur si muove…

    É dicir, ‘e nembargantes, móvese…’ Din que esas foron as verbas que marmuriou Galileo ó saír do tribunal da Inquisición cando lle impuxo o castigo de silencio sobre o feito do movemento da Terra. Pois si, pouco a pouco as cousas estánse a mover. O outro día sinalei un artigo periodístico, asinado por un ‘home…

  • Reincidencias en Ribadeo

    Os domingos en xeral son parcos de novas. No blog, despois das tres entradas de onte, sobre Ribadeo só teño que comentar dos ruídos da noite e do incumprimento horario dos locais, dos que xa estarán fartos os que me siguen de xeito asiduo. E dos de anteanoite, venres a sábado, na que outro veciño…

  • O vendaval, de novo en Ribadeo

    Pode apreciarse nas fotos unha das consecuencias do tempo ventoso en Ribadeo:a valla tirada na rúa peonil, pola desembocadura de Calvo Sotelo. Hoxe chove a mares e a valla, tirada na noite de luns a martes, segue o mércores sen amañar, dando un aspecto non moi edificante. De vendaval tameń poden calificarse outras cousas, estas…

  • Educación non gratuíta. Pensamento local e actuación global en Ribadeo

    Despois dunha fin de semana, plantéxome se a educación non está minusvalorada por sere gratuíta. É dicir, por sere un servizo público. Coido que o debe ser, pero tamén que é necesario valorizar a importancia dos servizos públicos, que o son precisamente pola súa importancia xeral. E en troques, polo seu nulo ou baixo custe…

  • Esforzo

    Chámame a atención a extensión dos deportes nos xornais: coido que é excesiva. Pero non é esa a cuestión sobre a que quero pararme hoxe, senón en que está mal distribuída, pois na realidade, máis do 90% (a ollo) está ocupada por economía. e tampouco por economía do deporte, senón por economía dos clubes deportivos,o…

  • Protexendo o Eo: antroido en Ribadeo

    …Agora resulta que van crear unha nova figura de protección para a zona do Eo e non sei ben cantas máis. Ben, é un primeiro paso antes das eleccións locais, pero todos sabemos que o importante é establecer a protección real, non no papel. Pode ser un paso, facer leis, normas, proteccións; é máis: é…

  • E seguimos no antroido: Ribadeo é así

    Onte, na presentación do antroido, xa saíu o tema dos enfrontamentos no concello (ver, por exemplo, aquí para máis información. Hoxe a prensa segue, e está previsto que siga (cousa á que non daba creto cando cezou todo) abondo tempo máis. Por eso, pódese considerar que o antroido este ano deu comezo vai boa, e…