Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.379 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • Un artigo xa vello, publicado este ano na Comarca

    Remato de atoparme por casualidade con este artigo que reproduzo a continuación, publicado na Comarca a comezos de ano pero que non viu a luz no blog por un despiste. Aí vai como segunda de hoxe. — 2006, balance dun ano de ruído en Ribadeo 1.Os ruídos Despois de anos de datos, 2006 en Ribadeo…

  • Decepción

    Remato de levarme unha decepción. Despois dunha sentencia condenatoria do concello, locais con licenza e sen condicións (logo legalizados, pero ilegais), despois de seguir a sufrir 50dB polas noites e demáis… os partidos non contemplan nos seus programas nada respecto do ruído en Ribadeo… (aínda non tiven acceso a todos os programas, a ver se…

  • Pagus – ascensor na atalaia de Ribadeo

    Esta tarde foi a presentación do ascensor atalaia-paseo marítimo. As fotos ilustran como está agora a zona, tres vistas esquemáticas/maquetís de como quedará e unha parte da portada do libro de agasallo á xente que asistiu á presentación (tamaño maior que folio, 300px., papel groso, fotos color, tres idiomas, … título, ‘Soluciones de accesibilidad y…

  • Unha nova sobre ruído

    Remato de recibir un correo dun amigo. O contido era este. Sobran as verbas.

  • Rolda de prensa sobre o urbanismo do alcalde en Ribadeo

    Ben, esta tarde Gervasio Cao (ver foto para quen non o identifique) organizou unha rolda de prensa sobre o tema do urbanismo en Ribadeo, particularmente o que se deixa e o que non se deixa facer. Coido que non dixo nada novo, pero o dicilo todo xunto e diante da prensa algunha cousa que circulaba…

  • Algo máis sobre o tremor

    En relación ó termor que refería no post anterior, unha nova imaxe, collida de http://www.ign.es/ign/es/IGN/Sismologia10Espana.jsp e na que se pode observar que o epicentro quedaba preto de Rinlo (información adecuada da prensa), sen distinguir profundidade (cousa que pode ser moi interesante e que pode variar moito, ata deceas de km)

  • Movemento sísmico en Ribadeo

    A nova foi de onte: ‘leve movemento sísmico en Rinlo’. Leve si que foi, pois 1,8 na escala de richter é superado moitas veces ó ano na península, como pode comprobarse por internet. Pero queda a dúbida de se foi en Rinlo, senón en 43º57’N, 7º11’W, é dicir, a uns 40km ó norte de Rinlo…

  • Sons na noite (de Ribadeo)

    Remato de enterarme que a eso das 5 da mañá dos domingos hai un programa da galega que se chama ‘sons na noite’. é dicir, para toda Galicia. Mágoa que sexa de música clásica; en Ribadeo, na ‘vijo Pancho’ ou na ‘Pasarón y Lastra’ a estas horas, tiñan recollida de sons gratis con potencia abondo…

  • Día do libro en Ribadeo

    A pregunta é, hóuboo? É dicir, celebrouse? A única cousa polo que alguén sería capaz de detectalo era por un anuncio do desconto do 10% en libro na Casa do Libro. Se houbo máis celebracións, pasaron totalmente desapercibidas fóra dos centros de ensino, e aínda ás veces, dentro. As fotos, dunha rúa semi-automobilizada e unha…

  • Unha nova entrada (e II)

    (continuación da entrada anterior e 4ª de hoxe)