-
Unha carta da Plataforma pola defensa da ría de Ribadeo
Saiu onte, na Comarca (en forma de novas, xa antonte noutros medios). Acompáoo coa foto recente do que se denuncia: As obras na Ponte dos Santos
-
Sacrificar ‘Un pouco’ o medio natural en Galicia
Esa é a proposta que me atopo nun xornal do domingo, feita por o partido político que aínda hoxe é maioritario en Galicia. E pregúntome que é eso de ‘un pouco’. A cita, “Para que Galicia siga siendo capital mundial de la acuicultura hay que sacrificar un poco el medio natural”, está atribuída a José…
-
Reiterantes na conduta tolerante
Esa foi a razón básica do peche durante un mes (multa a parte) da que foi cualificada o ano pasado como a mellor discoteca do mundo (e foi en España!). Para continuar a entrada anterior, dicir que nalgunhas loitas, pouco a pouco, vaise avanzando…
-
Ría de Ribadeo, pedregal de Irimia
A elección dun nome pode ser algo serio. Véume á cabeza ó pasar por Meira e ver a teima co nacemento do Miño que teñen entre dous concellos: un, a favor do Pedregal de Irimia, outro a favor de Fonmiñá. Non sei no que rematará todo, pois a propaganda que está a facer Meira non…
-
“Cao pedirá una reunión de la junta local de seguridad para articular medidas en la movida”
A nova, na Voz de hoxe, non se refire a Ribadeo, senón a Foz. Pero podería: Tamén en Ribadeo hai un Cao (Asoc. de comerciantes) que o ano pasado asinou un escrito de ACISA para ampliación de horario da movida e que este ano podeŕia pedir a xunta (se ben coido que algún tipo de…
-
Árbore seca
Ribadeo non é unha árbores seca (a D.G., é dicir, a Deus Grazas), pero é unha curiosidade atopar en San Francisco, ó pé dun frorecente balcón, e a desemellanza da serie de árbores que alí se puxeron, unha árbore seca. Na fotografía, á dereita, contrasta tanto coa árbore da esquerda como coas frores do balcón.…
-
Comentarios pequenos
Nun domingo con invasión como o reseñado na entrada anterior, non hai que esquecer outras ‘pequenas cousas’ como que a xunta concedeu as dúas posibilidades de piscifactoría en Ribadeo, pero… a de Acuinor, para comezar terá que recuar 200 m cando menos (é dicir, a ‘piscina Cascos‘ que se pode ver aínda non poderá…
-
De hobby, alcalde
Esa parece ser a situación de Fernando Suárez polo momento, de aficción, alcalde. Non entro na situación, dimes e diretes que andan estes días por ribadeo, nin na dureza como negociador de Fernando Suárez, que din que si é duro. Pero a situación polo momento en Ribadeo é esa: alcalde por hobby. Outras novas? No…
-
Latexos do mundo
Deixo a convocatoria dun pleno para mércores para a constitución do goberno e asignación de soldo ó alcalde e cartos para os partidos para tentar facer un resume dunha conferencia a dúas voces que tivo lugar onte en Lugo. Refírome á correspondente ó ciclo ‘Latexos do mundo’, impartida por Ignacio Ramonet e Ramón Chao sobre…
-
A solución témola todos porque todos somos parte do problema
Non, a frase non ía dirixida a Ribadeo (aínda que poda empregarse como anel ó dedo) senón ó medio ambiente. Está referida a que pola mera existencia, todos interferimos no medio ambiente, e polo tanto, todos estamos xa implicados para poder colaborar na solución. Claro, uns máis que outros por que non é o mesmo…
