-
Verbas e obras
Chamáronme a atención as verbas do alcalde que foron publicadas onte nunha separata con motivo da declaración de reserva da biosfera: ‘Non é unha meta de chegada, é un punto de aprtida para o noso concello, o de Ribadeo, que aporta a maior porcentaxe de poboación de todos os municipios. Fumos recoñecidos por un territorio…
-
A proliferación de portos deportivos é un perigo para o litoral
A frase está extraída dun artigo sobre a destrucción do litoral. Por aquí parece que aínda nosa topamos a un nivel abondo inferior ó do Mediterráneo, cunha media en valencia de 10 cada 100km de costa. Cabe pensar que, de calquera xeito, non poden contar os quilómetros de costa aquí, que da unhas cantas voltas,…
-
Do concello e dos veciños
Onte, por segunda vez e menos dun mes, un regueiro de aceite caeu dun dos contenedores entre a r/Viejo Pancho e a r/Pasarón y Lastra. esta mañá, cando escribo, xa está sendo limpado a mangueirazos con presión por operarios municipais (Grumir). Coido que debeu ser moito máis sinxelo botar o aceite nun sitio totalmente inadecuado…
-
E, ó fondo, a ría
De segundas de hoxe comezo a publicación dunha serie de fotos tomadas dende o Parque do Mineral venres en marea viva baixa (sobre 11:30-11:40 hora oficial do horario de verán), nas que se pode apreciar o estado de colmatación que está a sufrir a ría de Ribadeo. Estas primeiras, dan fe da unión entre os…
-
Foguetes para San Rosendo
Despois de enterarme que as reliquias de san Rosendo estaban de viaxe pola zona, tocoume estar en Mondoñedo cando chegaron e saber tamén como fora a cousa por Ribadeo. Polo que parece, en Ribadeo, venres, foron ricibidas con seriedade (sacerdote revestido) e punto. En Mondoñedo onte non sei se as recibiu un sacerdote ‘normal’ ou…
-
Perdínme algo
Esta visto: perdínme algo. Resulta que aprece haber unha proposta para retirar o nome da Praza de Pancho Maseda (a carón do Concello), ó que Andina e o PP opóñense… A Lei da Memoria vai facilitar cousas destas, incluído claro está o monolito do parque. Hai pouco relativamente que se lle sacou o escudo á…
-
Concerto o sábado
Volve o clima que tan ben sabe crear o presidente norteamericano co anuncio dunha guerra mundial se Irán consegue a arma nuclear. En Ribadeo andamos a outras cousas. Sábado xuntaránse os presidentes de Asturias e Galicia no noso pobo, a falar do tema da Reserva da biosfera, que tanto está a dar de si. E…
-
Xornadas de debate sobre a Rede Natura
Remito ó blog algo que remato de recibir e que en certo xeito, complementa a entrada anterior. Rede Natura A Debade Días 26, 27 e 28 de outubro de 2007 Venres 26 de outubro de 2007. 17:00 h.: Inauguración exposición e visita guiada á mesma. Reserva da Biosfera Terra do Miño. LIC Parga – Ladra…
-
A ría e o ártico
Despois do premio Nobel a Al Gore, é lóxico que se lle de algunha volta ó tema da contaminación e cambio climático. Volve hoxe, por exemplo, a saír na prensa que nunha xeración quedamos sen xeo no Ártico. Eso fará que a temperatura media do mar aumente máis rápidamente (aínda que non houbera desxeo na…
-
Coido que non puxen nunca, e, se o puxen, non ven mal repetilo:
Para comezar a semana, dúas citas na liña do blog, pero abondo anteriores a el (1921). ‘Ya no va siendo negocio ser súbditos incondicionales de un estado que nos niega todo’. Frase atribuída a Joaquín Costa por Lois Peña Novo no seu libro ‘La mancomunidad gallega’. Básicamente, trátase de exercer a cidadanía para facer efectivos…
