Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.379 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • Un novo impulso no castro das Grobas

    Onte estaban a desbrozar de novo no castro. Hai un ano estaba a zona nunha situación parella, recén desbrozado. A diferencia básica? O de agora representa unha continuidade no tratamento da zona, que pode indicar que o concello estase a mover para que o castro sexa algo máis que unhas ruínas soterradas polo paso do…

  • Pero, vai comezar a precampaña?

    Estes días estou un pouco desconcertado: crin que estabamos dende hai tempo en plena campaña electoral e resulta que non, que estamos a comezar a precampaña (que por certo, como tal precampaña coido non é oficial). Parece lóxico, se as eleccións van ser en marzo (a iso nos van afacendo), pero… Acompaño o comentario anterior…

  • Falta auga na terra da auga

    E claro, cóllenos por sorpresa. Estáse a falar de infrastrutura, tentando botar a culpa a que nos últimos 30 anos (enténdas, PP), non se coidaron as infrastruturas. O lema parece ser ‘mellor botar a culpa ás cousas e ós outros que non votan ou non nos van votar, que a nós memos, a todos nós,…

  • Esquecíaseme: agasallo de Nadal

    Despois da felicitación, esquecíaseme o agasallo: para os ribadenses, a ría de Ribadeo deixounos alomenos un agasallo hoxe mesmo, a reducción dun tesón ó quedar constituído nun en marea baixa os dous de Mirasol – Vilavella, para pasar a ser o de Mirasol e Vilavella, dende o que se pode pasar a terra firme polo…

  • O refinamento do silencio

    O mundo está a cambiar. Este Nadal está comezando o acoso e derribo do gasto superfluo en luces. Aínda tardará, pero xa comezou outro xeito de facer Nadal. E atópome que nese outro xeito está incluído tamén o silencio. Cun ‘ás cidades modernas sóbranlles tantos quilovatios como decibelios’ un artigo de Andrés Trapiello (“Ruido de…

  • A mariña capital

    Andan discutindo en Viveiro, máis en concreto no Casino, sobre a capitalidade da Mariña. Despois de levar anos a existencia das tres comarcas, algo que xurdiu por cuestión política e que denunciei (non lembro que ninguén máis o fixera, aínda que non me extranaría), pregúntome a que ven iso… Quen protestou cando se fixo a…

  • Barreiros e unha lembranza da pegada ecolóxica como segunda de hoxe

    A poboación de Barreiros decrece máis lentamente, pero decrece. O bum da construcción que segue non implica que se reteña xente do concello, que se vai vivir a outros lugares, como Ribadeo. Tampouco leva implicado unha rebaixa no prezo das construccións, algo que xa teño comentado no blog. E parece que tampouco leva aparexado un…

  • Os estorninos, o balcón e a lúa ó anoitecer en Ribadeo

    Unha entrada curta para deixar plasmadas varias imaxes tomadas ó atardecer en Ribadeo: os estorninos voando (o vídeo pode verse abaixo), o pedazo de balcón do antigo colexio caído (na foto non se ve, pero vese un sitio lógobre que é o que ocupa o colexio, e a lúa capturada detrás da Torre dos Moreno,…

  • Concerto de Santa Cecilia

    Ó concerto pertencen esta foto e o folleto que ilustra o post. Mágoa que o auditorio non estivera máis cheo para escoitar ós 53+1 músicos da banda que actuaron. E que alguén do público non apagara o móbil, que desluciu o solo de clarinete de xeito oportuno, como soe pasar nestes casos. Disculpouse a actuación…

  • Aviso de Paseo ó Castro das Grobas organizado por O Tesón

    Asoc. de veciños O Tesón Paseo ó Castro das Grobas O próximo día 10 de novembro de 2007, sábado, ás 4 da tarde, na Estación de Autobuses de Ribadeo, terá lugar a saída do paseo para o Castro das Grobas Horario previsto: 16:00 – Saída 16:45 – Chegada ó Castro e visita 17:15 – Retorno…