-
Visitando Ribadeo en fotos
Remato de pasar por Foto Miguel. As fotos expostas alí lembráronme unha vez máis que teño unha serie de artigos prometidos no blog, e a iso vou. O primeiro, unha precisión sobre números. Durante a marcha da manifestación, alguén (expectador) dixo algo así como ‘bo, van tres’. Despois, un comentario que non publicarei…
-
Xa foi a manifestación ría si, nave non
Coido que as fotos poden falar por si soas. Adxunto o enderezo das fotos da manifestación de hoxe mesmo, domingo 10 de agosto en Ribadeo. De calquera xeito, xa hai na rede outras opinións: http://atalaiaasocvecinos.blogcindario.com/2008/08/00228-tres-cuartos-de-hora-de-manifestacion-de-la-plaza-de-s-roque-al-ayuntamiento.html Só unha cousa máis: grazas a quenes a fixeron posible, dende organizadores a participantes, pasando tamén por patrocinadores.…
-
Preparando a manifestación: Ría si, nave non
A salto de mata, con poucas edicións esta tempada, deixo unha entrada gráfica: un dos carteis de propaganda da manifestación, feito por ClipGraf en base a un xa vello debuxo de Suso Peña realizado para o caso do recheo dos anos 90, xunto coa foto da camiseta correspondente serigrafiada (10€ camiseta, serigrafía de agasallo…
-
Pásalo
Neste día que se ten feito o pregón da xira e no que hai, entre outras persoas, un grupo de alemás pernoctando do camiño de Santiago, adxunto o Boletín informativo nº 1 da coordinadora de veraneantes a favor da ría, ó tempo que deixo no blog de notas de prensa do concello os comentarios do…
-
Apoios á manifestación do día 10 ás 12: ría si, nave non
A parte dos apoios xa recibidos oralmente, comezan a chegar por escrito e a haber outro tipo de reaccións. Vaia por exemplo os comentarios da entrada anterior sobre o tema, nos que a Atalaia deixa constancia da súa postura, ou tamén a constitución da ‘Coordinadora de veraneantes’, que está previsto que participe portando unha pancarta.
-
Unha nova de asombro: protesta anti-ambiental
Leo no diario de anfevi: “La industria vidriera ha mostrado su disconformidad con la imposición de cuotas de reutilización (…) al considerar que se oponen al libre mercado”… Claro, se se reutiliza, non se produce tanto, e non ganan tanto. Protesta xustificada… se só se miran as ganancias. Idea-tipo na que mirar outros moitos casos…
-
Máis sobre a nave no porto
A conta dalgunha petición que recibín e xa que hoxe ven por Ribadeo o Presidente de Portos de Galicia, aquí queda algunha precisión, tendo como base o que xa escribira en maio sobre a visita pasada: Características da nave que se pretende construír en Mirasol. (Enténdese que os datos postos a continuación son variables no…
-
Unha ligazón moi interesante
É un post sobre a nave en Mirasol. Coido que non ten desperdicio para quen quera meterse algo en profundiade no tema. Aconsello encarecidamente a súa lectura.
-
Unha nota de prensa sobre a manifestación para impedir a nave
Coido que ten relevancia abondo como para publicala por separado. Acompaño unha foto do recheo de comezos dos 90: é aparcamento un pista de derrapes? A resposta: as dúas cousas. Nota de prensa AVV O Tesón + Plataforma Pola Defensa da Ría Ribadeo, 29/07/2008 O próximo 10 de agosto de 2008, ás 12:00, con saída…
-
Tres millóns
Cifra redonda cobrada onte en total por diversos veciños que esperaban dende hai tempo a que lles fixeran efectivo o importe pola ocupación das súas terras pola Autovía do Cantábrico. Nada novo, algo que chega con retraso. Si son novas as medusas que cada vez conmáis frecuencia chegan ás praias. Onte voltou tocar unha chegada…
