Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.452 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • EXPOSICION PUBLICA DA SUBESTACION ELECTRICA E DA LIÑA DE OUTA TENSION

    (recollida con retraso) EXPOSICION PUBLICA DA SUBESTACION ELECTRICA E DA LIÑA DE OUTA TENSION Dende o mércores, 18 de marzo, está exposto ao público, na delegación de Industria de Lugo, o proxecto de Subestación Eléctrica e o tendido da liña de outa tensión que vimos comentando nas últimas semanas. Hoxe sábado, ás 8,30 do serán…

  • Nota de prensa sobre a subestación eléctrica nova de Ribadeo

    NOVAS DE ULTIMA HORA SOBRE A SUBESTACION ELECTRICA O pasado día 13 de Marzo, o Delegado Provincial de Lugo da Consellería de Innovación e Industria asinaba a orde de someter a información pública a “solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica Subestación de Ribadeo”. No…

  • Unha nota de prensa sobre o ARI de Rinlo

    Xa que hai días nos que a web do concello non se actualiza coas novas propias do concello (como sinalei por exemplo, no comentario ó post anterior), deixo unha nova nota para darlle difusión; non sei como a tomarán algúns colectivos, como ‘Rinlo bai‘. VIVENDA APROBOU DEFINITIVAMENTE A DECLARACIÓN DA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL PARA…

  • Os mortos xa chegaron

    Hoxe é a estrea da película ‘Os mortos van á présa’, logo os desprazados polo mundo adiante (polo de pronto, o resto de Galicia e de España), teñen a oportunidade de vela en sala de cine. O luns 16 hai pleno. Nel está previsto que se poñerá o nome de Ernestina Mansilla ó tramo entre…

  • Dunha manifestación

    O folleto que se tirou pola rúa para animar á manifestación polo tema do mercado (aínda aparece co manchado despois de sere pisado antes de que me fixera con el) e un par de fotos da manifestación. Un cálculo dame algo máis de cen persoas e menos de douscentas, pero outras fontes elevan ata 200…

  • Denuncia á UE e ó Valedor do Pobo

    DENUNCIA AO VALEDOR DO POBO E A UNION EUROPEA O pasado dia 28 de Febreiro cumplironse dous meses dende que un colectivo de 163 veciños de Ribadeo presentou un escrito no concello solicitando información sobre o proxecto dunha liña de outa tension e unha subestación electrica. Lembremos brevemente que os veciños preguntaban sobre o trazado…

  • Terras de Miranda

    Aparece hoxe a prensa con vellas novas. A axuda pedida para a restauración da Atalaia; o previsto novo embite de Ence en época de crise, esta vez ó que parece en forma de restrego do ‘ímonos a outro sitio’, a pesares da elevación do nivel de Mirasol e da apertura xa a fin de semana…

  • Completando novas

    Hoxe a prensa fáise eco do desprendemento do talud na Atalaia, blogueado onte en Ribadeando. A notar que xa comeza o peloteo entra administracións típico nestes casos (lembrar o desprendemento no cargadoiro), escudándose non en onde estivo a orixe do desprendemento, senón en quen ten ou non a potestade sobre o lugar. Por outra banda,…

  • Derrumbe da Atalaia

    Hoxe luns, a mediodía, a obra do ascensor da Atalaia sufriu un derrumbe que por sorte non afectou ó persoal. Nas fotos vese a obra, o derrumbe separado da ‘limpeza’ feita do muro para a obra e a parte baixa coa terra afectando por exemplo a un contedor. Parece lóxico pensar que antes de facer…

  • Convite e atragantamento

    Antes o aviso: aínda que en terra en principio non se esperan para hoxe ventos demasiado fortes, hai aviso de risco extremo na costa do cantábrico comezando ‘na outra beira da ría’. Nesta banda só hai ‘risco importante’, como se pode ver no mapa capturado da web da axencia estatal de metereoloxía. Recibín xa hai…