-
Os xardíns colgantes de Ribadeo (n)
Non é a primeira vez que deixo plasmado no blog algún dos xardíns colgantes de Ribadeo, pero non sei que número fai. Esta verza aérea forma parte dos xardíns colgantes da r/ Rodríguez Murias, á altura de Vivín. O contraluz no lusco fusco non favorece a imaxe, pero mañá seguro que plena luz do día…
-
Falta o sol
Comentábame onte un amigo Talmondés (de Talmont, en Vendée, Pais do Loira, Francia, porto de saída da Transgascogne que fixo escala intermedia estes días en Ribadeo) que o pasado mes na súa terra tiveran restriccións de auga pola seca que estaban a sofrir, seca que xa pasou. Pola contra, estes días pódese atopar en cáseque…
-
Castros costeiros de Ribadeo
Coido que unha ruta dos castros costeiros é unha boa idea. Rutas desde Ribadeo remata de poñela na web.
-
Os trámites medioambientais avanzan ben
Verbas que onte traía a Voz atribuídas ó alcalde de Castropol en relación ó estudo e posta en marcha de dous portos deportivos no seu concello (a parte do que existe nas Figueiras ou a ampliación que terá moi pronto), máis de catrocentas prazas co que a ría se iría cerrando un pouco máis. Non…
-
Un tesón no ceo … e unha reconstrucción na terra
Onte deixei colgado en Publicado en Ribadeo un estudo de I. Asensio sobre a formación dunha praia artificial, que logo cristalizaría no que hoxe é a praia dos bloques (coido que é ilustrativo comparar o que dicía Asensio coa actualidade). Segue a ser unha praia de fango pero usada pola xente de Ribadeo de onde…
-
É a irrigación boa?
Hai veces que nos preguntamos cousas que parecen contra natura. Como vai ser a irrigación mala? as terras irrigadas producen máis cantidade de vexetación, mellores resultados económicos… Todo parece bo, verdade? Algúns proxectos con bondades semellantes propóñense para diversos lugares, mesmo para a ría de Ribadeo. Pero … hai que ollar algo máis aló. Aí…
-
Tentando influír no tempo
Póñome á letura da Comarca desta semana e atopo unha columna con título ‘Acisa e CCA denuncian que las previsiones erróneas del tiempo en televisión repercuten en la hostelería y el comercio’. O caso non é ise. Lendo no interior, parece que pretenden influír para que non se coloque unha nube sobre Ribadeo e así…
-
A ría de Ribadeo
A principal nova de hoxe nos xornais, no que a Ribadeo se refire, estimo que é o rexeitamento por parte do concello dun informe da Xunta (Consellería de Medio Ambiente) sobre a saúde das rías, que no que nos afecta ven a dicir que a de Ribadeo está peor do que estaba. Despois de procurar…
-
Bandeiras
Unha si se terá este ano, As Catedrais, (comparar coa nova de antonte) e outra non, o Porto Deportivo. A que si, da lugar de novo a un aparcamento que se ve como provisional un ano máis, e a unha caseta de información na procura de rendibilidade turística. A que non, a unha chamada de…
-
Preparados para o verán?
Resposta: non. Polo menos, non totalmente. E non me refiro a que non haxa propaganda de Ribadeo (aquí estarán de novo a fin de semana os do tren dende Asturias, e ó fin, tamén é un acto de propaganda a presentación do libro sobre Calvo Sotelo luns en Madrid (aquí, o discurso do alcalde),nin a…
