Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.379 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • 19 de agosto. Festas?

    Xa non é o primeiro día que están algúns chiringuitos de festas destinados ós máis pequenos (camas elásticas, hichables, …) no Parque de S. Francisco. Hai tempo que deixei de contar os días de ocupación de parque, pero tería que aumentar polo menos ata o día 8, isto é, vinte días máis… Mentras, hoxe a…

  • Os xardíns colgantes de Ribadeo (n)

    Non é a primeira vez que deixo plasmado no blog algún dos xardíns colgantes de Ribadeo, pero non sei que número fai. Esta verza aérea forma parte dos xardíns colgantes da r/ Rodríguez Murias, á altura de Vivín. O contraluz no lusco fusco non favorece a imaxe, pero mañá seguro que plena luz do día…

  • Falta o sol

    Comentábame onte un amigo Talmondés (de Talmont, en Vendée, Pais do Loira, Francia, porto de saída da Transgascogne que fixo escala intermedia estes días en Ribadeo) que o pasado mes na súa terra tiveran restriccións de auga pola seca que estaban a sofrir, seca que xa pasou. Pola contra, estes días pódese atopar en cáseque…

  • Castros costeiros de Ribadeo

    Coido que unha ruta dos castros costeiros é unha boa idea. Rutas desde Ribadeo remata de poñela na web.

  • Os trámites medioambientais avanzan ben

    Verbas que onte traía a Voz atribuídas ó alcalde de Castropol en relación ó estudo e posta en marcha de dous portos deportivos no seu concello (a parte do que existe nas Figueiras ou a ampliación que terá moi pronto), máis de catrocentas prazas co que a ría se iría cerrando un pouco máis. Non…

  • Un tesón no ceo … e unha reconstrucción na terra

    Onte deixei colgado en Publicado en Ribadeo un estudo de I. Asensio sobre a formación dunha praia artificial, que logo cristalizaría no que hoxe é a praia dos bloques (coido que é ilustrativo comparar o que dicía Asensio coa actualidade). Segue a ser unha praia de fango pero usada pola xente de Ribadeo de onde…

  • É a irrigación boa?

    Hai veces que nos preguntamos cousas que parecen contra natura. Como vai ser a irrigación mala? as terras irrigadas producen máis cantidade de vexetación, mellores resultados económicos… Todo parece bo, verdade? Algúns proxectos con bondades semellantes propóñense para diversos lugares, mesmo para a ría de Ribadeo. Pero … hai que ollar algo máis aló. Aí…

  • Tentando influír no tempo

    Póñome á letura da Comarca desta semana e atopo unha columna con título ‘Acisa e CCA denuncian que las previsiones erróneas del tiempo en televisión repercuten en la hostelería y el comercio’. O caso non é ise. Lendo no interior, parece que pretenden influír para que non se coloque unha nube sobre Ribadeo e así…

  • A ría de Ribadeo

    A principal nova de hoxe nos xornais, no que a Ribadeo se refire, estimo que é o rexeitamento por parte do concello dun informe da Xunta (Consellería de Medio Ambiente) sobre a saúde das rías, que no que nos afecta ven a dicir que a de Ribadeo está peor do que estaba. Despois de procurar…

  • Bandeiras

    Unha si se terá este ano, As Catedrais, (comparar coa nova de antonte) e outra non, o Porto Deportivo. A que si, da lugar de novo a un aparcamento que se ve como provisional un ano máis, e a unha caseta de información na procura de rendibilidade turística. A que non, a unha chamada de…