Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • Podando en setembro

    Está visto que o quencemento global altera o clima e trastoca as características estacionais. Pero podar en setembro, como se está a facer nos plátanos no camiño do cemiterio, paréceme moito, a menos que se quera facer como cando no xardín se tronzou as árbores (máis que podalas) e así se facilitou despois a súa…

  • Testemuña gráfica

    Comentaba Hai algún tempo sobre a contaminación da ría. Hoxe deixo unha pequena testemuña gráfica, despois de ter pasado un día a comezos de verán cousa de 3/4 de hora na auga entre os Bloques e o peirao de Castropol, coa marea subindo pero máis pendente de que non se achegara ningunha motora nin moto…

  • Rarezas? destes días…

    Despois da entrada de onte, coido que estes días dan gráficamente unha colección non desdeñable do que algunha xente denominaría rarezas, outra curiosidade, outra … O díptico anunciando o I Centenario da Consagración da Imaxe de Santa María do Campo pode parecer curioso, pero indica un centenario que coido que non debera pasar inadvertido en…

  • Tensionando as Figueiras

    Unha vez que a zona asturiana da ría de Ribadeo se puxo a ‘desenvolver as súas oportunidades sobre a ría’, a modo de como antes o fixera a zona portuaria de Ribadeo, xa están comezando a xurdir as protestas. Pasou case sen pena nin groria a protesta contra a nave no porto da Veiga que…

  • A ría de Ribadeo en alta

    Despois de ‘A ría de Ribadeo en baixa‘, coido que, aínda que en principio poda ser menos interesantes, debo de publicar as fotos correspondentes á marea alta, que tampouco neste caso era a máis alta do ano, pero case. Neste caso, están desordeadas. A que aparece arriba vese unha característica do peirao que vai tentar…

  • A ría de Ribadeo en baixa

    Sabendo que hoxe (sábado 22 de agosto de 2009) era unha das mareas máis vivas do ano, fun aproveitar para coñecer un pouco mellor a ría. Segundo se pode ver na toma de pantalla do wxtide, un programa de predicción de mareas, en realidade a baixa desta mañá de sábado (0,24m) era un pouco menos…

  • Unha experiencia relixiosa

    Despois de ver a procesión de xentes na baixada á praia, cabe pensar moitas cousas, dende o motivo que fai que tanta xente veña ó retorno económico do tráfego, pasando pola interacción entre a xente e o propio medio que quere visitar e que queda transformado pola súa propia visita. Ou, alguén cre que a…

  • 19 de agosto. Festas?

    Xa non é o primeiro día que están algúns chiringuitos de festas destinados ós máis pequenos (camas elásticas, hichables, …) no Parque de S. Francisco. Hai tempo que deixei de contar os días de ocupación de parque, pero tería que aumentar polo menos ata o día 8, isto é, vinte días máis… Mentras, hoxe a…

  • Os xardíns colgantes de Ribadeo (n)

    Non é a primeira vez que deixo plasmado no blog algún dos xardíns colgantes de Ribadeo, pero non sei que número fai. Esta verza aérea forma parte dos xardíns colgantes da r/ Rodríguez Murias, á altura de Vivín. O contraluz no lusco fusco non favorece a imaxe, pero mañá seguro que plena luz do día…

  • Falta o sol

    Comentábame onte un amigo Talmondés (de Talmont, en Vendée, Pais do Loira, Francia, porto de saída da Transgascogne que fixo escala intermedia estes días en Ribadeo) que o pasado mes na súa terra tiveran restriccións de auga pola seca que estaban a sofrir, seca que xa pasou. Pola contra, estes días pódese atopar en cáseque…