-
Do tempo
De novo, críticas ós meteorólogos sobre a previsión do tempo. Aparecen polas últimas choivas a fin de semana. Pero xa van sendo unha crítica periódica, ben polos hostaleiros, polos políticos ou por quen toque no momento. Aquí xa teño deixado algunha vez a comparación entre as previsións de meteogalicia e o instituto meteorolóxico nacional, e…
-
Adeus ás árbores
Onte a mediodía apareceron cortadas as árbores da rúa peonil. É pouco o que tarda en facer unha tala de árbores novos, e abondo o que tardan en medrar. É certo que algunha das árbores xa fora arrasada por vándalos, pero en xeral aínda fornecían unhas florificacións curtas pero fermosas. Xa non. A cousa ven…
-
Falando da ría e da súa consideración futura
Onte foi inaugurado o centro de interpretación da ría, en Castropol. É de esperar que de aí xurda unha mellor comprensión do que a ría significa, e que redunde nunha mellor consideración e máis coidado no seu trato. Ademáis, houbo verbas relacionada co tratado na última xuntanza polo momento da Mesa de Asociacións, pois insinuouse…
-
Mirando cara ó ecoloxismo
“Por certo, ó final liberaron por fin ó voso colega manifestante López de Uralde”. O comentario de pasada que me chegou insertado nun correo sobre outro tema referiase ó Presidente de Greenpeace (ou sexa, ‘paz verde’) en España, facendo un contacto entre el (e polo tanto Greenpeace), participante na manifestación contra a construcción dunha macronave…
-
Sobre as temperaturas: comparativa
Como anunciei na entrada anterior, sobre datos da estación meteorolóxica da Pedro Murias, que xestiona Luciano Zubillaga, collendo temperaturas máxima, mínima e media diaria do aire, adxunto unha comparativa dos nove anos da década no periodo 1-nov a 11-xan. (ver a parte premendo co rato sobre ela, e ampliar) Sobre o tempo, nalgúns outros post…
-
Sobre as temperaturas
Este Nadal ten sido especialmente frío. Unha gráfica de temperaturas así o amosa (sobre datos da estación meteorolóxica da Pedro Murias, que xestiona Luciano Zubillaga, collendo temperaturas máxima, mínima e media diaria do aire). Noutra entrada farei un estudo comparativo.
-
De bicis
Mentres que as bicicletas de Ribadeo están infrautilizadas e non promocionadas, 15 concellos galegos dispoñen xa dun sistema de arrendamento de bicis para os veciños. Mentras que en diversos lugares particulares e asociacións pedimos que se vaia instaurando o carril bici, as novas rúas humanizadas non son bicicleadas. Un apunte positivo neste panorama: un lugar…
-
Terremotos
Para comprobar e achegar máis información á da prensa (Voz de hoxe) entro na páxina do Instituto Xeográfico Nacional e atópome as dúas tomas de pantalla que achego. Unha, máis xeral, cos terremotos na península, e outra coa zona do terremoto de Triacastela. a hora, as 10 menos curato da noite. O lugar, xusto no…
-
Agasallo para o novo ano
Algo en favor da ría de Ribadeo en ‘Publicado en Ribadeo‘: un estudo de Silvia Piedracoba Varela, ‘Hidrodinámica da ría de Ribadeo’ (en castelán, –1 e 2-)
-
Temos que voltar a aprender que podemos cambiar as cousas
O título corresponde a unha cita de Ingo Schulze en ‘Le Monde Diplomatique en español‘, p. 11 do número de novembro de 2009, tomada do mesmo artigo no que se pode ler “Se os dirixentes se tornan máis tontos que os dirixidos, dirixímonos á catástrofe”, citando a Elmar Faber e Gramsci. “A crise alimentaria podería…
