-
De cunchas e insectos
David Antonio López Álvarez é ribadense. Descoñecido por moitos, non obstante é coñecido alén das fronteiras por especialistas e coleccionistas de cunchas e tamén de insectos. Xente que ten en consideración os moitos anos de traballo, recopilación, clasificación e estudo adicados ó tema por David. En Ribadeo, ten presentado xa hai moitos anos (no século…
-
Das novas árbores en Rodriguez Murias
Despois do xaleo montado este ano a conta das árbores da rua peonil, a plantación de novo en toda a liña da rua a outra semana devólvelle á rúa un aspecto máis común, parello ó que tería coa vexetación anterior nestes meses. Non sei se zanxará a polémica, que xa foi moito a menos, pero…
-
Lido na rede
Corto e pego do blog VIDA SOCIO-POLÍTICA EN RIBADEO: “No deja de extrañar, eso sí, el hecho de que el ente Portos de Galicia esté dispuesto a ofertar a ENCE una importante rebaja de las tasas por la utilización de sus instalaciones. La primera lectura que este hecho nos sugiere es que Portos de…
-
Paso do Xynthia
Coido que na web do IES Porta da Auga queda moi ben reflectido. A ter en conta que o vento ven dado en km/h.
-
Un día raro
20091027, sábado. Foi temido. Longamente avisado e despois do paso do ‘Klaus’ o pasado ano, a xente estabamos espectantes polo que podía pasar. Pola mañá era o tema de conversa principal. Ó mediodía comezábase xa a ver a xente algo nerviosa, comentando se se adiantaba ou atrasaba. A medida que foi pasando o tempo as…
-
É o tempo
Un maratón de fútbol sala que estaba previsto para este fin de semana foi suspendido, ó igual que todas as actividades a celebrar nos pavillóns municipais por mor do tempo previsto. Se ben o lateral de blog da para mañá sábado e pasado domingo unha velocidade do vento de 18 km/h, a aexencia española de…
-
Tres fotos
O aparcamento no recheo dos 90 non creo que estivera previsto nin ó comezo como tal aparcamento nin despois como aparcamento de caravanas, pero cunha foto de tres das sete caravanas que había o outro día no porto pode terse unha idea de como se vende e como resultan moitas das obras que se fan,…
-
Novos tempos, vellos temas
Hai xa cousa de tres anos que o combate contra a mina de ouro nos lagos de Salave, en Tapia, tivo o seu clímax. Daquela, tras o rexeitamento da mina, mesmo parecía que estaba xa todo resolto. Pois non, estas cousas voltan e voltan ata que se aseguran ben, por eso os veciños piden unha…
-
Comunicación
Non é a primeira vez que falo da comunicación de Ribadeo. Xa van varias que cito o atraso na introducción da rede para internet, e non son o único, pois mesmo se ten constituído un grupo en facebook para presionar e conseguir o adsl nas parroquias, sen ter que depender do satélite. Non obstante, nos…
-
N 640
Hai poucos días despisteime: en troques de coller para Lugo pola autovía , o Val de Lourenzá e Bretoña, collín pola Pontenova, camiño tradicional. Arrepentínme. A estrada segue a estar en malas condicións, e a recollida de sinaturas que se realiza na Pontenova debera de estar apoiada dende Ribadeo. Se isto non se normaliza pronto,…
