Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.379 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • Liña habemus!

    Despois de moitas reviravoltas, aquí está a “Resolución de 2 de diciembre de 2010, de la Secretaría de Estado de Cambio Climático, por la que se formula declaración de impacto ambiental del proyecto Línea eléctrica a 400 kV, doble circuito denominada Boimente-Pesoz, Lugo y Asturias.” (descargable como pdf aquí) Entre Pesoz e Viveiro hai uns…

  • Ría de Ribadeo, non estuario

    Coido que de novo este fin de semana pasou polas miñas mans unha nova periodística que identificaba a ría de Ribadeo como estuario do río Eo. Aproveito para aclarar algún punto que hai tempo tiña ganas de clarificar. Collo primeiro dúas definicións do DRAE (en castelán, claro): “estuario. (Del lat. aestuarĭum). 1. m. Desembocadura de…

  • A luz, o seu servizo e o seu custe

    Leo na revista da OCU un editorial deste mes sobre unha sentencia en Barcelona (aquí, un artigo sobre o tema da propia OCU). O motivo? a esixencia de compensación ás eléctricas polo apagón que sufriu Barcelona no 2007. O xulgado estima culpabilidade por carencia de inversión en infrastruturas. Responsabilidade? A cargo de REE e FECSA-Endesa.…

  • Mercado dos mércores e choiva neste mércores

    Cae auga a mazo. Este mércores anunciose mercado a pesares de ser festivo, o que en xeral faría que non o houbera, para aproveitar a afluencia de visitantes destes días. O que chove vai propiciar que non se aproveite moito. Non sei quen estará agora no mercado, pero estará enchoupado. E, pola previsión, a cousa…

  • Prestige, onde estás? Nunca máis te voltaremos atopar?

    A fin de semana foime moi difícil publicar. Iso fixo que pasara o cabodano do Prestige ata o de agora. Outra razón foi esperar a ver o impacto na prensa. Ata o de agora, moi pequeno, aínda que supoño que cando chegue o equivalente ó momento do afundimento, a cousa irá a máis. Outra aínda,…

  • Cicloxénese explosiva

    De novo, alerta vermella (aínda que sexa na mar). De novo, susto xeral. De novo, tormenta forte (máis ben por outros lares, que por aquí foi normal). De novo, o emprego dun tándem de palabras que asusta para facer máis mella na nunha nova: cicloxénese explosiva. Onte un compañeiro preguntoume: oe, Antonio, que é iso…

  • Tapia y la comarca no son lugares de muchas oportunidades

    … emporiso, non importa que mexen por riba, se hai algunha oportunidade … O argumento de Juan Calvo-Sotelo, flamante novo comunicador en xefe da tamén nova empresa que tenta abrir a mina de ouro de Tapia, parece que non se lle aplica a el mesmo. Químico industrial, inglés, francés, político local, e compatibilizando postos, ten…

  • Lodos vermellos, seguros?

    Un desatre ecolóxico en Hungría a raíz da rotura dunha balsa con lodos vermellos dunha empresa aluminera desata o temor arredor de Alcoa. Mobilízase a información e xurde a traverso da empresa, para tranquilizar, ó tempo que a balsa é algo máis que o seu posible desbordamento. En Hungría, no interior do continente, nunha terra…

  • Medio ambiente

    Coido que é unha cousa a ter en conta en Ribadeo. Deixo en ‘publicado en Ribadeo‘ o tríptico das xornadas de medio ambiente que comezan mañá.

  • Rematou un agosto caluroso en Ribadeo

    Rematouagosto, un bo agosto en canto a tempo e sol, tildado quizáis de demaisado caluroso. Á beira deixo os rexistros das temperaturas medias diarias (é dicir, tomando día e noite, cada 10 minutos a temperatura) da estación automática da Pedro Murias durante todos os agostos do século XXI, onde se ve que a temperatura media…