-
Non é ouro todo o que reloce
–> … tampouco temos que facer relocer todo ouro. Dende hai moito tempo, a humanidade procura o ouro máis como símbolo de poder que como outra cousa: o seu uso industrial é moderno e limitado, e o seu emprego para a estética foi o que determinou a súa importancia como símbolo de poder. Ben, se…
-
Acompasando o tempo
Parece que o tempo este ano vai parello ás malas novas económicas, políticas e de corrupción e comportamento de persoeiros públicos. Facendo bo o dito de ‘ata o corenta de maio …’, na época na que estamos, o Sol sae tímidamente entre nubes e as mangas curtas non son numerosas. Hai dez días que deixei…
-
Praias do concello de Ribadeo. Grazas, OKFN-SP!
OKFN-SP é a sección hispana da Open knowledge foundation, organización adicada a facilitar a apertura e liberdade do coñecemento. Unha das cousas que fan é tentar poñer os datos das administracións públicas a disposición das persoas dun xeito que sexa doado facerse con eles e usalos. Unha mostra a continuación. O primeiro arquivo, o que…
-
Batendo marcas no tempo
140 días, contando hoxe. Quedan 215 para completar o ano. En Ribadeo leva chovido xa máis que en todo 2010, 2004 ou 2012. Segue sendo, con diferenza, o ano do século no que máis leva chovido ata un día como hoxe, no que por certo, loce o sol. E seco tería que ser o resto…
-
Ouro: Argumento de autoridade
Dende hai unha tempada, as novas, vía relacións cos medios de Asturgold, veñen sinalando que un ecoloxista uniuse á compañía e está dando o seu respaldo ós proxectos, entre eles o da mina de ouro de Tapia, saíndo neste caso nos medios asturianos e galegos cada dous por tres ben publicitado. O último acto,…
-
Unha suxerencia para a xente de vacacións
8:00 da mañá. Ceo despexado, temperatura suave, rúas con restos de choiva, ambiente agradable, con paxaron gorgullantes, pero sen xente. Así pode ser Ribadeo e era esta mañá. 8:15. As rúas comezan a ter inquilinos. Non só persoas, tamén coches, brancos, repartindo o pan, ou cor oliva, patrullando pola peonil. O limpacristais adianta o seu…
-
Entradas de auga esta semana
Esta semana santa, ó igual que a anterior, e a anterior, e a anterior, … rebosan auga. Así o testemuñan a estación meteorolóxica de Pedro Murias ou a do IES de Ribadeo, e mesmo se fai eco do alcalde no vídeo abaixo. Hoxe, nestes momentos alomenos, está a facer un tempo moi bo, pero parece…
-
Unha viaxe animal
A semana santa, dende hai tempo, ven constituíndo un motivo de viaxes a/dende Ribadeo. Este ano, por mor da choiva, tamén algúns animais desprázanse para non quedar anegados na terra. É o caso da miñoca do vídeo. O vídeo non é moi claro, pero apréciase o movemento dos aneis e o lento avance do animal…
-
Ribadeo en Open street maps
Podes contribuír, axudar a poñer detalles, corrixir, … de xeito libre, como o seu uso… a partires de aquí, aprender a colaborar, … poñer no mapa os restos arqueolóxicos que tes preto da casa, dar nome ó rego que pasa por diante, sinalar rutas para ti ou abertas a todos, … Ver mapa maior
-
Bicheando pola ría de Ribadeo
Hoxe só unhas verbas para referirme a unha entrada concreta nun blog ó que cheguei por varios apuntes no facebook. Trátase de ‘Bicheando pola ría de Ribadeo‘, do blog ‘Bichos e demais familia’, onde se poden observar algunhas especies da nosa fauna, complementando entradas do xa citado abondas veces ‘Ría de Ribadeo‘.
