-
As Catedrais: unha praia?
Estes días estívose a falar da praia das Catedrais. Boeno, pode que sea bo dicir do Monumento Natural das catedrais. Ou do Cantil das Catedrais… entre outras posibilidades, como o maná das Catedrais. As discusións levaron como fondo a crítica, liderada polo alcalde, á Xunta de Galicia (aquí, o vídeo correspondente de 2013, e aquí,…
-
E máis auga
O día do libro, con actos ó seu arredor, tamén en Ribadeo, a adxudicación das obras da residencia á UTE Anllar, a aprobación inicial do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Conxunto Histórico de Ribadeo (o curioso acrónimo PEPRICH) e as bolsas de chan edificable en Ribadeo ou o coleteo da marabunta…
-
Ánimo
Onte houbo un accidente en Ribadeo. O venres, a presentación na Casa das letras do libro ‘Pegadas na historia de Ribadeo’, que espero colgar pronto en internet des pois de ter o permiso do seu autor dende a presentación no IES de Ribadeo. Cousa máis ou menos normais nun lugar como Ribadeo. Falaba hai poucos…
-
O bocata demográfico
Ribadeo non é unha excepción dentro de Galicia: todos sabemos que temos un ‘problema demográfico’ que ata fai que pidamos axuda á UE. A cousa é que se temos unha situación de 1,05 fillos por muller, iso quere dicir que, fluxos migratorios aparte, nuns 20-25 anos, unha xeración, a cantidade de xente con isa idade…
-
Zonas protexidas en Ribadeo
O que poño embaixo son catro páxinas soltas do DOG do luns 31 de marzo de 2014, correspondentes ó título ” DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. ”…
-
Volta ‘o tempo’, pasado o Sol por riba do ecuador
Si, está prevista hoxe de novo unha alerta. A temperie de Ribadeo incluirá hoxe nivel amarelo, vento forte, chuvia, e uns 7 ºC. É dicir, primavera astronómica con inverno meteorolóxico parello a iso que levamos catro meses coñecendo. Mais o Sol xa se ve por riba do ecuador. Medímolo o pasado día 20 (equinoccio de…
-
Espectáculo en Rinlo (e perigo)
Onte Rinlo era un espectáculo. O Cantábrico en xeral. As ondas despellexaban a terra, voltaba a auga marrón ó mar despois de terse levantado moitos metros e golpeado, arrincando o substrato por riba da rocha e mesmo abrindo de desprazando a mesma rocha. Imaxes da auga chegando ó campo de fútbol en Tapia ou o…
-
Marabilloso inverno
Este inverno estanos a deixar vento, vento, e vento, coas súas consecuencias. Pero non só. Os ceos tamén presentan paz moitas outras veces, mesmo algunha, estrelas. O amencer de antonte e o arco da vella xa a semana pasada ilustran o que digo. Por certo, o inverno non só trouxo marabillas meteorolóxicas; houbo máis que…
-
Antes de despois da tormenta: comparando os cantís das illas
Comparemos as dúas fotos: A primeira, unha foto actual, cunha frecha sinalando a zona derruída. A segunda, unha foto do cartel que hai no acceso á praia, onde aínda se ve a disposición antes de que o temporal botara embaixo o arco… Ámbalas vistas, á túa disposición na praia de illas. Unha advertenza: os bloques…
-
Un paseo pola costa de Ribadeo
Está a poñerse en marcha a rota da costa. Ben, a rota xa estaba feita con sendeiros, que logo se foron ampliando en xeral a camiño, e logo aínda, sinalados como rota. Agora estase a facer un paso máis, acondicionar e meter grixo. O outro día recorrín un bo treito, parte del en obras, e…
