-
De aquí bebemos / bebíamos
Como xa ten saído no blogue algunhas veces, o encoro de Vilamariz no rego de Lexoso foi o segundo lugar de onde se comezou a traer auga a Ribadeo, despois de facelo das Fontes do Lobo, na beira de Santa Cruz. A foto é da caída de auga do encoro de Lexoso, o día 8.…
-
Revisitando o Pozo Mouro
Deixo hoxe varias fotos e un vídeo do Pozo Mouro, no rego Lexoso, preto de Remourelle, como aparece no mapa ó final. A zona xa a tratei tempo atrás cunha entrada de título ‘Ribadeo marabilloso‘, tamén con fotos e vídeo na que se pode comparar a fervenza con diferentes caudais. A baixada dende a estrada…
-
Un xabaril á beira da estrada
Un xabaril na Devesa, xusto diante da porta do Campamento Xuvenil. Xa din parte onte para a súa retirada na G.C. de Ribadeo, co que supoño que hoxe xa estará fóra do lugar. Estaba comezando a inchar; debía levar varios días alí. Ben, por como tiña a parte do morro, a máis do lugar onde…
-
E ti, sabes como se administra Ribadeo? Un caso: gasto en limpeza
Faigome a pregunta de xeito recurrente. Cada pouco hai novas, feitos… que a desencadean. Sabes como se administra Ribadeo? Como se toman as decisións, quen as toma, en base a que, os recursos que implican, de onde se obteñen? E evidente que non podemos saber de todo. Pero se queremos vivir e exercer unha democracia…
-
Galicia: operación acordeón e síndrome de Estocolmo
Sorrir ou chorar? Loitar! Comezo pola conclusión e paso ós datos. Dun só feito, pois podería procurarse outros moitos coa mesma ou semellante conclusión. 2014, ano sen eleccións: a Xunta eleva un 34% o canon de SoGaMA. 2015, coas municipais e as estatais á vista: a Xunta rebaixa un 10% o canon de SoGaMA. Variou…
-
As catedrais
Aínda non saíu no DOG. Si nos medios: Un novo anteproxecto para As catedrais. Así. O nome en realidade é algo máis longo: anteproxecto de decreto do plan de conservación do monumento natural da praia das Catedrais. O dicilo ‘con todas as letras’ forza tamén a acotar máis as ideas relacionadas. Dia na nota de…
-
Que a auga volve saber a raios? A culpa é dos raios por saber así!
Xa estamos afeitos, aquí non pasa nada. Os parámetros son normais. O sabor que sentimos, anormal. O cheiro, anormal. A pel lisa, anormal. Ó final, está claro, os anormais somos nós, que nos afecta. Que hai un verquido que foi denunciado hai tempo, e volto a denunciar, e volto a denunciar, como din dos peixes…
-
Documentais comprometidos IV: A mina de Corcoesto
Este xoves ás 20:00 terá lugar no Salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo a proxección de 2 pequenos documentais (en total, 3/4 de hora escasa) sobre a mina de Corcoesto. Unha mina de ouro controvertida na nosa Terra, que se poñerá co fondo da mina que se pretende en Tapia.
-
Tres puntos negros
Cargo dende Google maps unha imaxe do centro de Ribadeo e engádolle tres puntos, negros en función da súa situación actual. O de máis embaixo, no comezo da r/Deputación (por certo, pódese ver que Google maps segue tendo algún problema en Ribadeo, aínda que menor importancia que o de ‘ría de Ribambo’) deu lugar onte…
-
Un novo apunte sobre Ribadeo e o cambio climático
Hai pouco, menos dunha semana, que apuntei no blog que este ano vai camiño de ser o máis caloroso da historia lembrada en Ribadeo, e algo antes, que o cambio climático estaba a propiciar o aumento de días coas temperaturas máis altas. Volvo hoxe sobre o tema con novos datos, os que vai recollendo pouco…
