Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.379 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • O cumio de París, visto dende Ribadeo a traverso dunha factura

    Comezou xa o cumio de París sobre o clima. Sabemos que nos afecta, e, ó tempo, sabemos que alí haberá diversas manobras relacionadas con intereses rexidos polos cartos. Porque tamén sabemos que o manexo dos cartos pode paliar ben por agora os efectos do clima (para quen teña os cartos, de paso que lle dan…

  • A nova chegou doutro xeito…

    A traverso das redes sociais chego a unha nova xa vella, de hai 20 días: o Principado terá que incoar expediente a Asturgold pola xestión realizada nos lagos de Salave. Imaxe de https://gl.wikipedia.org/wiki/Ouro Pero o caso é que non lembro así a nova redactada na prensa no seu momento. Cando se deu a nova, incidu…

  • Do (noso) mar… contaminado

    Sabido é que o mar estase a converter nun vertedoiro. Contaminación nun lugar onde todo vai parar ou acumulación de residuos de plástico, con illas inmensas no centro dos océanos súmanse á sobreexplotación de especies e o desequilibrio ecolóxico consecuente. Esta semana, coa xunta de confrarías en Burela e a xuntanza desta tarde do Grupo…

  • Do leite que se produce en Galicia: unha entrevista a José Ángel Salvatierra na revista Irimia

    Onte, José Ángel Salvatierra, enxeñeiro técnico agrícola con ampla experiencia no agro galego e tamén coñecedor do sector en toda Europa, pasoume a revista Irimia co que coido é unha interesante entrevista que lle fixeron (fíxolla Daniel López). Velaieiquí: “Os tractores na rúa foron portada, os prezos do leite caeron e as explotacións producindo á…

  • OUTRA ESCOLLERA NA RIA DE RIBADEO, artigo de E. Lombardero

    A Consellería de Fomento de Asturias proxecta unha nova escollera na ría para “protexer” ao porto deportivo de As Figueiras, según o “Plan Territorial Especial para la Estrategia Integrada de Gestión Portuaria Litoral del Principado de Asturias”, exposto ao público nas últimas semanas. O proxecto contempla obras en numerosos portos. No caso que nos afecta…

  • Nova marca de temperatura

    Este verán, de media, fixo bo tempo pero tampouco ten sido excesivamente caloroso en Ribadeo. Mais hoxe, 20 de xullo, cuarto día no que a estación meteorolóxica de Pedro Murias pasa de 27 ºC (unha referencia que teño para un pequeno estudo comparativo interanual), o termómetro achegouse ós 30 ºC á unha da tarde UTC…

  • A cara e a cruz da festa

    O éxito de xente e negocio do Ribadeo indiano estivo á vista. Por se quedaran dúbidas, a ineludible nota do concello gabándose do feito pon números, que estimo mesmo se poden quedar curtos en canto a impacto económico, calculado a razón de pouco máis de 100 €/persoa: 25 000 persoas, 3 000 000 euros de…

  • Coñece Ribadeo

    Hai programadas actividades de coñecemento de Ribadeo. Están orientadas ó turismo, pero, por que non aproveitalas a mesma xente de Ribadeo? Unhas destas actividades foron presentadas onte, as xeorutas, unha, para coñecer a xeoloxía da zona das Catedrais, e outra, relacionada coa actividade na zona de Rinlo. As xeorutas comezarán a desenvolverse o 15 de…

  • As nosas costas: navegando mares de plástico

    A imaxe anterior está tomada da web ‘navegando mares de plástico‘. Cada punto representa 20 kg de plástico á deriva na superficie mariña. Vemos que as costas atlánticas están máis limpas, e canto máis nos adentramos no golfo de Biscaia, maior densidade de lixo. Hai un global estimado de 268 millóns de kg flotando á…

  • Unha visita “inesperada”

    Hoxe visitei Mondoñedo. Un paseiño de vagar polas súas rúas cargadas de historia sempre ven ben. Resulta que tiña tempo e vinme forzado a usar a vella N634. O motivo? O Fiouco, claro, estaba pechado ó tráfico. Gústanme os paseos por Mondoñedo, e desta, non me importou, mesmo agradecín a desviación. Outras veces é ben…