Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.452 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • O transporte en Ribadeo: involución fronte a revolución

    un esquema horario ligado á liña de autobús de escolares. Mentres que estes últimos anos hai un movemento mundial con base nas grandes cidades para tentar solucionar o problema dos desprazamentos, en zonas moito menos poboadas, nas zonas cunha porcentaxe rural alta, os problemas estanse agudizando ó levar o mercado á dependencia de medios particulares,…

  • 24 horas despois do incendio

    Pasaron máis de 24 horas dende o comezo do incendio de Piñeiro, pero aínda non dende a súa extinción. As fotos amosan que o fume segue a saír entre os restos, o cruce da estrada, o paso por riba do gasoduto…

  • Situando un incendio

    Onte houbo un incendio en Piñeiro. Comezou antes da media tarde: daquela víase xa o fume dende lonxe. Non se chegou a ver o resplandor das lapas pola noite: foi sufocado. Os medios terrestres chegaron para a súa extinción. Mais parece que non tería necesidade de ter sido sufocado se alguén non o tivera prendido.…

  • No día mundial do medio ambiente, Ribadeo…

    5 de xuño. Día mundial do medio ambiente. Hai moitas loitas por cubrir a favor do medio ambiente, mais hoxe por hoxe, a fronte máis importante, a elixida como tema para 2018, é a contaminación por plásticos. Nin siquiera os gases de invernadoiro, que están levando a un cataclismo ó planeta con data case fixada.…

  • Ribadeo, a ría e Ramsar

    Hai máis de 5 anos, o blog ‘Ría de Ribadeo‘ alertaba sobre degradación da ría, que a levaba á lista de espazos RAMSAR ameazados, a pesar doutras proteccións medioambientais de diverso tipo e paisaxísticas. Hai unha semana, a prensa reproducía un artigo co título ‘La ría de Ribadeo podría ser expulsada del convenio Ramsar’. O…

  • Fervenza do Pozo Mouro

    Entre outras moitas novas, ás veces é convinte fixarse nalgunha das menos relevantes. Non porque teñan algo oculto destacable, senón por aspectos que non son nova, pero que marcan un contínuo aproveitable, un respiradoiro no medio do fragor das outras novas que marcan o día a día. Ese é o sentido da foto que amoso…

  • Ribadeo, domingo pola mañá

        O domingo pola mañá os xornais reflectían que ACISA e hostaleiros estaban contentos coa celebración dun campionato que polo que parece, trouxo a Ribadeo a 1000 visitantes. Aquí preséntase outra cara da moeda, o ter que pasar con coidado para non pisar vidros, tentar fuxir se se pode do cheiro forte dos mexos, a…

  • Hoxe, 20180524, pleno

    Non o procures na web do concello. Tes que ir alí e mirar entre os múltiples papeis diversos  para atopar a convocatoria. Unha convocatoria que inclúe a aprobación de dúas actas, unha expropiación forzosa en Ove para un depósito de auga e outra nas Aceas para o paseo peonil. A revotación cunha variación mínima do…

  • Dunha obra menor

    Onte, nun santiamén, prepararon un novo corredor na zona do xardín de Sela, pegado á valla do IES. O esquema da obra vai a continuación: En negro, o novo corredor. En azul, a beirarúa que conduce dende o paso de peóns usado polo 90% da xente que vai ó IES ata a entrada do mesmo.…

  • Sentidiño nas catedrais

    Co funcionamento actual da protección social cando non ataca ós intereses do poder nin necesita inversión, entraba dentro da lóxica que chegara o que está a pasar: as Catedrais, cerradas.  Si, non están cerradas de todos, senón o cantil e algunha cova. Pero non o están por protección da natureza nin dos humanos (aínda que…