Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.379 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • Paseando sobre a ría de Ribadeo

    Fin de semana. Temperie agradable. Nun entorno como o de Ribadeo, un paseo preto do pobo está á man. Mágoa dun espectáculo como o da foto, tomada nos bloques, cunha luminaria destrozada e un cubo de lixo destrozado e estrado o seu contido. Febre do sábado noite? O carallo! febre de imbecilidade animal.  Lémbrame a…

  • Es maior de idade? 8 cm menos!

    Ao ritmo actual, se es maior de idade, isto é, ao menos tes 18 anos, o mar subiu dende o teu nacemento ao menos 8 cm, 4,8 mm/ano. Se vives en Ribadeo, iso significaría que verías o tesón na ría cousa de media hora menos cada día. Significaría, se non fóra por un detalle: a…

  • Manifestación aquí, en Santiago, en Madrid, no mundo… vistas dende Ribadeo

    Imaxe cedida ó dominio público, collida de commons.wikimedia.org A fin de semana pasada tiveron lugar dúas manifestacións, unha na praza de Colón de Madrid, e outra na praza da Quintana de Santiago, que tiveron diferente tratamento mediático. É complexo tentar unha comparación, pero coido que o tema a merece, ao menos parcial, insertada dentro doutras…

  • O noso entorno, nós

    Nestes días nos que todo son novas turísticas e semellantes, a realización o sábado de actividades en torno ó día mundial dos humidais é algo que chama a sumarse ó grupo que festexará activamente a nosa natureza, aposta segura de coñecemento, compañía e actividade.

  • O difícil futuro da mobilidade na zona de Ribadeo

    Hai non moitos días o goberno de España lanzou un plan para rematar co transporte a base de combustible convencional. Xa daquela tiñan lugar as protestas dos chalecos amarelos en Francia pola suba de combustible, que afecta de xeito desproporcionado a unhas zonas periurbanas con conexión deficiente nas que o uso do coche particular é…

  • Ribadeo, Madrid. Transporte

    Hoxe entra en vigor a prohibición de circulación sobre algo máis de 4 km2 no centro de Madrid. Contaminación, tráfico, aparcamento, desenvolvemento da vida no centro da capital van verse afectados. Comparar unha cidade de catro millóns de habitantes cun pobo unhas 700 veces menor non é doado, nin en tráfico. Mais, en medio da…

  • Envases lixeiros, burocracia pesada

    Na procura infrutuosa dunha convocatoria do pleno de onte, atópome nas web do concello dúas notas a considerar. A primeira  corresponde a un documento de 100 páxinas, “PROXECTO DE EXPROPIACIÓN PARA A MELLORA E RESTAURACIÓN DE HÁBITATS NATURAIS NO CORREDOR FLUVIOESTUARINO DA RÍA DE RIBADEO ZEC RÍO EO-GALICIA (ES1120002) ZEPA RIBADEO (ES0000085)“, aprobado inicialmente por…

  • Santo Estevo do Ermo, por Emilio Piñeiroa

    En Slideshare: Santo Eestevo do Ermo. from Emilio Piñeiroa, cargada por Antonio Gregorio Montes En Issu:

  • 11% de parcelas desaparecidas

    Imaxe despois do recente incendio en Piñeiro, Cedofeita O alcalde remata de dar un novo ultimato (coido que o anterior aviso xa o chamara así) para cumprir a lei en relación á masa forestal na proximidade de edificios ou vías de comunicación. O listado de fincas afectadas foi publicado no Boletín Oficial do Estado. A…

  • Melloras nas catedrais

    Chéganme a través de Suso Fernández as fotos que acompaño. Tamén video, pero coido máis interesante o coller a esencia que o distraerse con imaxes cambiantes.  As melloras que se observan son evidentes: total liberdade de andanzas, total inconsciencia, sen necesidade de pases nin peticións, seguridade máxima, natureza solitaria, coidado do entorno…  Corresponden as fotos…