Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.379 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • As árbores tamén morren. Ás árbores tamén se llas mata.

    Non fan falta incendios. Hai outros xeitos de matar árbores. Esta semana foi dura para as árbores de Ribadeo. O coidado, din, esixe poda, aínda que na natureza non haxa tal e se coiden eles sós. E foron podados. Non entendo moito de poda, pero dá dor velos totalmente mutilados polo nacemento das ramas, mentres…

  • Os deslumbrados non poden ver o ceo

    Nebulosa nas Pléiades. Obtida de https://www.spacetelescope.org/images/opo0036a/     25 de outubro, nota de prensa. Resultado: Ribadeo terá máis luces de Nadal por persoa que Vigo. Os xornais destacaron a competición con Vigo, pero aínda así, non chegaron a ese dato: en Vigo, ao parecer, instalaranse unhas 10 000 000 de luces, ou sexa, sobre 25 por…

  • O concello de Ribadeo, a escala

    Collo un post de hoxe mesmo de fqribadeo e engádolle unha foto da ESA co concello de Ribadeo aproximadamente a escala para comparalo cun iceberg recén forneado na antártida: Auga para Ribadeo para 300 000 anos Auga para Ribadeo para 300 000 anos: ese é o resume do ‘último polo momento’ iceberg desprendido da Antártida:…

  • Máis grande que todo o concello de Ribadeo

    Como se da jangada de pedra se tratase, unha superficie de 260 km2 de xeo desprendeuse estes días da Antártida, como se pode ver na animación da Axencia europea do Espazo, desprendéndose dende a capa de xeo da parte inferior. Un ‘anaco’ de dúas veces e media todo o concello de Ribadeo. De sempre, de…

  • O clima? Que clima? Nós!

    Fotos: G. Gómez O pasado 27 de setembro tivo lugar fronte ó concello de Ribadeo, ás 20 horas, unha concentración polo clima. Tempo ten pasado dende que a unha relixión se lle ocorreu meter nun libro, o da Xénese, aquelo de ‘esparcídevos e dominade a Terra’. Aínda faltaba para que Darwin explicara a supervivencia das…

  • Folga Mundial polo clima: Ribadeo (actualización)

    Nota aos medios O día 27 de setembro, ás 20:00 horas terá lugar unha concentración diante do concello de Ribadeo para sumar a cidadanía do noso entorno á Folga Mundial Polo clima. Este evento está potenciado a nivel mundial de xeito colaborativo por numerosas asociacións e movementos como FridaysForFuture ou Extinction Rebellion, desarrollando accións durante…

  • Fala en Nova York, afecta a Ribadeo (tamén)

    No cumio mundial sobre o clima, falando do futuro hoxe. Pouco se ten progresado dende o foro de Davos no que se recoñecía por parte dos poderosos a emrxencia climática.

  • Atacando á Terra. Unha chamada (máis) de atención

       Remato de ver unha gráfica por enésima vez. Por primeira vez decateime dun detalle dun dato que representa.     A gráfica, as partes por millón de dióxido de carbono na atmosfera, recollidas nun observatorio limpo de alta montaña nunha illa no medio do Pacífico: Mauna Loa, nas illas Hawaii. A recollida dese dato faise…

  • Folga mundial polo clima: Ribadeo

    – Tamén en Ribadeo, apoio á folga mundial polo clima do 27 de setembro.

  • Salvados pola xeografía (e a gravitación universal)

    (Versión para os medios de http://ribadeando.blogspot.com/2019/08/verquido-de-purins-salvados-pola.html e http://ribadeando.blogspot.com/2019/08/verquido-de-purins-ii-alguns-detalles.html.) Polo que parece, varias centeas de miles de litros de zorra foron liberados ó río Ouria en Guiar, parroquia dA Veiga, Asturias. Resulta que o río Ouria desemboca no Eo, casualmente, un pouco máis abaixo da captación de augas de Ribadeo, co que en principio libramos dunha…