-
Sostibilidade, unha palabra
Hai palabras de moda. Na actualidade unha desas é ‘sostible’ (e as súas derivadas, como Sostibilidade). Moitas veces, o malo destas modas é que facendo ver e resaltando o que indica a palabra, banalízase o significado. As verbas trivialízanse, asumindo unha precisión imprecisa. Precisión de significado fixado; imprecisión de interpretación e cumprimento. Sostible.…
-
Que non nos enganen: dúas novas económicas que afectan a Galicia
Temporal. Unha cancelación dunha actividade que me afecta polo Fabien. O tempo está tolo. E coa economía quérennos tolear. Pode parecer que non teñen relación, pero as dúas novas de onte que remato de ler en El Economista e que afectan a Galicia coido que teñen relación co clima. Unha, que as contas do pasado…
-
Folga internacional mañá, venres 13 de decembro polo que está a suceder na COP 25
Copio a versión en castelán dun correo recén recibido: ACTIVISTAS PRESIONAN A LA COP25 PARA QUE CREE “UN CAMINO SEGURO PARA LA HUMANIDAD” IDIOMAS: English | Español | Français El miércoles 11 de diciembre, echaron de la COP25 de Madrid a más de 300 activistas por el clima, entre lxs que había muchxs jóvenes manifestantes…
-
O que nos chega do cumio climático
Esta tempada, algunhas novas teñen mala sorte: a formación de goberno enléase con Cataluña e mesmo con ETA, de tal xeito que se toma a información dunha parte da negociación como representante e referencia por toda ela, quedando o resto arrinconado. E isto, o que está a ocorrer nunha parte da actualidade nun estado secundario…
-
Aquí, como en Vigo
Esta tarde agasalláronme co titular: aquí, como en Vigo. Remedando o concerto ‘aquí, como en Viena‘, este Nadal Ribadeo 2019 competimos en iluminación con Vigo. En iluminación, que din que en luces non, que o de ter moitas luces ou poucas luces é outra cousa, que, outros sentidos aparte, hai zonas do pobo sen…
-
Estamos na hora das promesas
Comezando coa COP 25, chegan as promesas. Como só son promesas, sen consecuencias punitivas en caso de incumprimento, e a comunidade mundial non é especialmente compacta para presionar, importa un bledo que o mundo se vaia ó garete. Chaman a atención diversas cousas, comezando pola propia realización da conferencia mundial en Madrid. Si, porque estaba…
-
Luz sobre a luz: Nadal 2019/2020
O acendido da ‘luz do Nadal’ nalgunhas cidades con máis dun mes de antelación á celebración do Nadal voltoume lembrar o tema que xa tratei en ‘Os deslumbrados non poden ver o ceo‘ e en ‘A pista de xeo de Ribadeo morreu‘, e levoume a facer como complemento a táboa seguinte: Aí se pode ver…
-
Fotos denuncia
Pasáronme martes estas fotos para denunciar as condicións nas que alguén se desfixo de tubos fluorescentes, un aparello que necesita ser tratado con coidado polas substancias que ten no seu interior e a conveniencia do seu reciclado. En Ribadeo hai onde botalos, e as tendas teñen que recibilos tamén. Pero neste caso, sete tubos de…
-
Cunchas, fósiles, insectos: David Antonio López Álvarez
Unha lembranza da labor de David López, e a súa relación co coñecemento, coa bioloxía, coa ecoloxía, co medio…
-
Elección non rima con bon
‘Eran os mellores tempos, eran os peores tempos’. Así comeza a ‘Historia de dúas cidades‘ de Dickens. E así podería comezar a nosa historia actual camiño dunhas novas (e)leccións o 10 de novembro. E é que hai xente para quen ‘as cousas’ marchan ben. E para a que non, nin moito menos e diríase que…
