-
Por detrás da realidade
Por detrás da realidade Imos por detrás da realidade. Quizais na nosa terra máis que noutras partes, mesmo nalgunha parcela moito máis que nalgunha outra. Pero é algo xeneralizado. Estámolo vendo reflectido máis ás claras que nunca coa pandemia, pero é algo moito máis xeneralizado, non correspondendo tampouco só coa pandemia. No…
-
A Mariña, aberta
Subzona hospitalaria de Burela Excepto Burela. Dentro das novas anormalidades ás que nos imos afacendo / nos están a afacer, hoxe pola noite Ribadeo e o resto da Mariña que quedaba, excepto Burela, pasará á nova normalidade. A falta de estatísticas precisas (ACISA ten avanzado só cifras de cálculos grosso modo) estimo que estes dez…
-
O PATRIMONIO GALEGO, UN BEN COMÚN DESPREZADO. Pancho Campos Dorado
É difícil de entender como é posible que por sacar 50 Tm de madeira de eucalipto que se vende pola miserable cantidade de 1000 €, cando mellor prezo, esteamos destruíndo xacementos arqueolóxicos que son bens patrimoniais da Galiza de inapreciable valor, bens que nunca máis poderán ser recuperados. Mámoas ou medoñas, túmulos funerarios…
-
Alcoa sálvase soa
‘Alcoa sálvase soa. O que hai que salvar é o tecido industrial da Mariña. Postos de traballo mellor remunerados que os da hostalería.’ O anterior é o comezo do comentario dun amigo. Pola miña parte, considereino unha continuación de “Alcoa na Mariña: tan lonxe, tan preto”, un tema que daría para un libro…
-
Alcoa na Mariña: tan lonxe, tan preto
Alcoa, no corazón da Mariña, está estes días tamén na cabeza dos mariñáns. Sen ir máis lonxe, mañá mesmo, domingo 31 de maio, terá lugar unha concentración en Ribadeo co lema ‘Alcoa non se pecha’. Era o 1998 cando unha industria pública española se vendeu ó sector privado estranxeiro para rematar hoxe sendo…
-
Da neve en Katmandú. Da realidade do coronavirus en Ribadeo
De mañá sobre a ría de Ribadeo. Ribadeo. Día de sol e vento, 24 de maio. Nunha vila como a nosa non é doado percibir o cambio que o COVID-19 induce no clima. Máis aínda cando a cantidade dalgúns contaminantes como o dióxido de carbono, a nivel mundial, segue a incrementarse como amosan as medidas…
-
Saíndo da caverna
Caverna. Imaxe tomada de https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Alabama_cave_2005-04-24.km.jpg, lic. CC-BY-SA 3.0 Parece que imos saíndo da caverna. Parece, porque a sensibilidade é diferente, as condicións tamén, e sobre todo, porque non podemos falar en plural, e hai cavernas e cavernas. Hoxe, de feito, as cavernas naturais son substituídas por metáforas de caverna. Saímos da caverna da…
-
Soños en liberdade
Soños en liberdade Saio á fiestra só para toparme co muro de en fronte a modo de bofetada que me fai torcer a cabeza ao longo da rúa, ca ansia innata de mirar ó lonxe, de deixar a vista -e o espírito- en liberdade. A vista… A cuña de ceo con punta roma…
-
Cultura en galego para tempos de coronavirus -ou non-
Reordeando cousas do blog FQ en Ribadeo, atópome con algo que esquecera e que nestes momentos ven ben aquí, en Ribadeando. Trátase do lugar de gravacións vídeo do Consello da Cultura Galega, Mediateca. Aí poden atoparse diversas e interesantes cousas relacionadas coa cultura. Non só en Galicia ou en galego e non só…
-
No medio doutra crise
O Covid 19 colleunos en medio doutra crise. Cabería mellor dicir doutras, pero imos simplificar, centrándonos nunha soa. Así pois, no medio doutra crise. Podemos escoller crise. Así pois, collo a crise climática, pode que a que se vai percibindo como máis acuciante no tempo. Cólloa porque remata de chegar á miña vista un artigo,…
